InicioPOLÍTICAO Concello executará obras no CEIP Quiroga Palacios e destina 300.000 euros...

O Concello executará obras no CEIP Quiroga Palacios e destina 300.000 euros ao mantemento dos centros escolares

O Consello Municipal de Educación abordou tamén o novo Plan de Conciliación, a creación de comedores no rural e un portal web para mellorar a comunicación coa comunidade educativa

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Educación de Santiago, Míriam Louzao, presidiu este xoves unha nova sesión do Consello Municipal de Educación, un encontro que marca o peche do curso académico e que serviu para facer balance das actuacións do último trimestre e presentar a planificación de obras e servizos para o verán.

Entre as intervencións máis destacadas da xornada estivo o anuncio dunha actuación de grande envergadura no CEIP ‘Quiroga Palacios’, onde o Concello acometerá a reparación da cuberta do pavillón, a ampliación do seu aforo e a mellora da accesibilidade nunha das zonas do patio situada enriba dese espazo. A obra incluirá a execución dunha rampla co obxectivo de “mellorar as condicións de uso para todo o alumnado, independentemente das súas capacidades”, segundo explicou Louzao.

Asemade, a Concellaría puxo en marcha un plan de obras de mantemento estival en distintos centros educativos, cun investimento total de 300.000 euros. Estes traballos, que se suman aos que se desenvolven ao longo do curso, concéntranse nos meses non lectivos para evitar interferencias na actividade escolar.

A reunión serviu tamén para presentar novidades clave en materia de conciliación, como a implantación dun Plan Anual de Conciliación que entrará en vigor no mes de setembro. Este novo modelo permitirá unha planificación continua e ordenada da oferta en períodos non lectivos, ao estilo da ludoteca municipal, e contará cunha aplicación dixital para facilitar a solicitude directa de prazas por parte das familias.

Paralelamente, o Concello traballa na unificación da oferta de conciliación que actualmente xestionan diferentes áreas municipais. O obxectivo, segundo a concelleira, é simplificar trámites e mellorar o acceso das familias aos servizos.

Outro punto salientado foi a posta en marcha, en colaboración coa Federación de ANPAS de Compostela, dun novo servizo de comedor en tres escolas infantís rurais: Gaioso (Eixo), Rial (Laraño) e Bispo Teodomiro (Marrozos). Esta medida responde a unha “demanda histórica do rural” e busca garantir a igualdade de servizos entre o alumnado, ademais de contribuír a evitar o peche de centros por falta de matrícula.

No ámbito do financiamento, a concelleira informou de que, por primeira vez, Santiago accedeu a unha achega do Plan Corresponsables da Xunta, cun total de 55.000 euros que se destinarán ao reforzo das políticas de coidado e conciliación.

  1. Finalmente, Louzao anunciou que se está a preparar un plan de comunicación da Concellaría, que incluirá a creación dun portal web específico con información actualizada sobre servizos, prazos e convocatorias, así como un banco de recursos educativos dispoñible para toda a comunidade escolar compostelá.

ÚLTIMAS

Sanmartín xustifica a demora na taxa turística, alegando que “hai que escoitar ao sector”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xustificou este luns que o prazo para a...

O PSdeG solicita no Pleno un plan para arranxar as beirarrúas deterioradas de Fontiñas

O Grupo Municipal Socialista levará ao Pleno do Concello de Santiago unha proposta para...

O Concello esixe á familia Franco que asuma os custos do traslado das estatuas do Mestre Mateo

O Concello de Santiago deu este luns un paso importante na recuperación das estatuas...

Santiago converteuse no escaparate do queixo galego no Cheese Market Tour

O claustro da Hospedaría de San Martín Pinario, no corazón de Santiago de Compostela,...

O PSdeG solicita no Pleno un plan para arranxar as beirarrúas deterioradas de Fontiñas

O Grupo Municipal Socialista levará ao Pleno do Concello de Santiago unha proposta para...

Rueda celebra o 90 aniversario do Aeródromo Militar de Santiago

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este sábado na Xornada de portas abertas...

O PSOE afea ao Goberno local non querer facer outro diagnóstico para a zona de vivenda tensionada

O PSdeG de Santiago afeou ao Goberno local que a súa "primeira resposta" á petición de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here