InicioSANTIAGOBRIÓNO PSOE e o PP pactan en Brión para garantir a estabilidade...

O PSOE e o PP pactan en Brión para garantir a estabilidade institucional até final de mandato

O acordo inclúe a asignación de funcións ao voceiro popular e a súa dedicación parcial remunerada

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Brión viviu este martes un pleno ordinario no que se fixo oficial o acordo de colaboración entre o PSOE e o PP para garantir a estabilidade institucional durante os dous anos que restan de mandato. O pacto, anunciado polo alcalde socialista Pablo Lago Sanmartín, foi cualificado como “necesario para continuar desenvolvendo proxectos estratéxicos” e supón, entre outras medidas, a asignación de funcións ao voceiro popular, Waldo Carballo, que contará cunha dedicación parcial de 15 horas semanais e unha retribución de 600 euros brutos mensuais a partir de agosto.

Segundo explicou o rexedor, o acordo nace da coincidencia de ambas formacións na necesidade de evitar inestabilidades e facilitar a aprobación de medidas clave para o municipio. “Estamos nun momento no que Brión precisa dun Concello estable para afrontar os grandes retos do futuro”, afirmou Lago Sanmartín, quen agradeceu a disposición do grupo popular e lamentou non ter chegado a entendementos similares co BNG.

Nesa mesma liña, o popular Waldo Carballo xustificou o apoio do seu grupo en que “non existe alternativa política” e sinalou a boa predisposición do alcalde para incorporar propostas do PP, como as relativas aos orzamentos municipais e ao Plan Único da Deputación. Co acordo, Carballo asumirá representacións institucionais no Refuxio de Bando e no Padroado da Ruta Rosaliana, así como a presidencia dunha comisión informativa plenaria.

O BNG de Brión, pola súa banda, expresou o seu rexeitamento ao pacto. O seu voceiro, Xosé Luís Penas, acusou os socialistas de “incorporar ao PP ao Goberno” malia que o electorado optara por unha maioría de esquerdas en 2023. Penas lembrou que, segundo a súa versión, o popular Carballo xa renunciara no seu día a apoiar a súa investidura como alcalde ao ser designado deputado provincial polo BNG, algo que segundo el invalidou calquera posibilidade de acordo conxunto.

A voceira socialista, Sandy Cebral, defendeu o pacto como un “acordo para a estabilidade” e asegurou que o PP “non entra no Goberno”. Afirmou ademais que as conversas co BNG fracasaron por peticións “inasumibles”, como o control de áreas clave e tres dedicacións. “O que buscamos é o mellor para os veciños, non para o PSOE”, declarou.

Na súa réplica, Carballo insistiu en que a única alternativa viable na actualidade é a colaboración entre PSOE e PP, e reafirmou que o seu compromiso responde ao interese xeral, non a cálculos partidistas.

O pleno tamén abordou cuestións económicas, entre elas a liquidación do orzamento de 2024 e a aprobación de dous recoñecementos extraxudiciais de crédito, un deles para o pago de facturas do presente ano rexistradas en 2025, e outro para a execución de obras en marcha como a humanización da avenida de Noia e a ampliación do polideportivo de Pedrouzos.

ÚLTIMAS

Unha taxa sen acordo: dúbidas, présas e falta de diálogo no modelo turístico de Santiago

Hai uns días que sabemos que a taxa turística que o Concello de Santiago...

Galicia dá un paso clave na loita contra o cancro con protonterapia

O Consello de Seguridade Nuclear (CSN) emitiu un informe favorable para autorizar o funcionamento...

Martínez Allegue reafirma que non hai bloqueo na solicitude de Santiago como zona tensionada

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, referiuse á resposta...

Hostaleiros de Santiago reiteran o seu “rexeitamento unánime” á taxa turística

A Unión Hoteleira de Compostela (UHC) manifestou de novo o seu "rexeitamento unánime" á...

A autovía Brión-Noia, un paso máis preto: licitadas por 11,2 millóns de euros as obras para a reconversión do corredor

A Xunta licitou por 11,2 millóns de euros a execución das obras da conversión en autovía...

Reclaman unha conexión eficaz na comarca de Santiago para garantir servizos básicos e igualdade de oportunidades

A situación das infraestruturas e da conectividade na comarca de Santiago volve estar no...

O Concello de Brión lanza unha campaña para fomentar o uso responsable da auga

O Concello de Brión e a empresa concesionaria do servizo de augas, Espina &...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here