InicioSANTIAGOXa están á venda as entradas para o WOX Festival no mes...

Xa están á venda as entradas para o WOX Festival no mes de setembro

Entre as actividades que se desenvolverán, a produtora destacou as sesións de música electrónica, performances, proxeccións audiovisuais e mesas de debate

Publicado o

Xornal de Compostela

O evento WOS Festival x SON Estrella Galicia de cultura contemporánea celebrará a súa oitava edición do 11 ao 14 de setembro en Santiago e xa conta con entradas á venda.

Segundo trasladou a produtora compostelá Work On Sunday nunha nota de prensa, o evento ofrecerá durante catro xornadas unha programación multidisciplinar que se desenvolverá en máis de dez espazos da cidade.

Entre as actividades que se desenvolverán, a produtora destacou as sesións de música electrónica, performances, proxeccións audiovisuais e mesas de debate.

As entradas para o evento están á venda na plataforma DI, cun número limitado de abonos para asistir a prezo reducido, os ‘Early Birds’. Tamén está dispoñible o abono Festival Pass, que inclúe toda a programación do catro xornadas e o Weekend Pass, para os concertos do venres 12 e o sábado 13, e o directo de peche do domingo 14 de setembro.

Ademais, como novidade, os abonos incluirán a posibilidade de asistir ás proxeccións cinematográficas de NUMAX, atendendo así unha demanda do público de anteriores edicións.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...