InicioSOCIEDADEGoretti tende a man ao sector hoteleiro para liquidar dúbidas sobre a...

Goretti tende a man ao sector hoteleiro para liquidar dúbidas sobre a taxa turística e avanza unha reunión específica

Raxoi quere que a taxa turística sexa unha realidade "canto antes", polo que a alcaldesa, Goretti Sanmartín, reiterou que en canto poidan "farase efectiva"

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, tendeu a man ao sector hoteleiro para liquidar todas as dúbidas sobre a taxa turística e avanzou que haberá unha reunión específica sobre o imposto que gravará as estancias turísticas na capital galega. Preguntada polas críticas de Unión Hoteleira sobre falta de diálogo do goberno local, Sanmartín afirmou que lle consta que houbo conversacións desde o departamento de Turismo con esta asociación, pero avanzou que haberá unha reunión específica.

Segundo detallou, estaban a agardar a ter todo “perfectamente organizado e planificado” para convocalos a unha reunión e “darlles as explicacións que queiran”. En todo caso, defendeu que o procedemento é “moi sinxelo” e que se trata dunha liquidación “igual que fan con outro tipo de impostos”. Ademais, destacou que se fixou de maneira semestral “para non causar problemas” e volveu a insistir en que haberá unha reunión para falar e tratar de solucionar “todas as dúbidas”. Ademais, insistiu en que Raxoi quere que a taxa turística sexa unha realidade “canto antes”, polo que reiterou que en canto poidan “farase efectiva”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...