InicioCULTURAO Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, rexistrada como de interese galego

O Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, rexistrada como de interese galego

A Fundación constituiuse formalmente en abril, e desde este luns está dentro do rexistro das Fundacións catalogadas como de interese galego.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Fundación do Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, situado na compostelá Igrexa de Santo Domingo de Bonaval e onde descansan os restos de destacados intelectuais e galeguistas como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Rosalía de Castro, entre outros, foi catalogada de interese galego.

En concreto, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns unha resolución asinada pola secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Elvira María Casal García, conforme a entidade queda inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego. Xa o pasado 30 de maio, o DOG recollía unha orde do conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, que declaraba esta fundación como de interese cultural.

A Fundación quedou formalmente constituída nun acto público o pasado mes de abril, un paso que permitiu pechar un proceso que se iniciou cando se empezou a desenvolver a lei aprobada por unanimidade na Cámara autonómica no verán de 2023 para sacar do limbo xurídico ao Panteón, que pasou a ser identificado como símbolo de Galicia. Para a súa xestión, optouse pola fórmula de fundación e as bases da súa activación empezáronse a sentar nun encontro formal en outubro do ano pasado coa implicación de Parlamento, Xunta, Concello de Santiago e Arcebispado, a quen os seus estatutos sinalan como fundadores

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...