InicioSOCIEDADEAs obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada afectarán ao tráfico na...

As obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada afectarán ao tráfico na AC-241, en Teo, desde o vindeiro martes

Segundo informou a Xunta, a afección será no punto quilométrico 13+250 da AC-241, en Vilar, no concello de Teo, para a execución das cruces de estrada necesarias para a dotación de drenaxe e a reposición de servizos afectados de baixa tensión e telefonía

Publicado o

Xornal de Compostela

O avance nas obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada (AG-59) fará necesaria a afección ao tráfico na estrada AC-241, en Teo, a partir do próximo martes. Segundo informou a Xunta, a afección será no punto quilométrico 13+250 da AC-241, en Vilar, no concello de Teo, para a execución das cruces de estrada necesarias para a dotación de drenaxe e a reposición de servizos afectados de baixa tensión e telefonía.

O desvío comezará o vindeiro martes ás 07.00 horas co corte do carril dereito en sentido Pontevea, permitíndose o tráfico alternativo regulado con semáforos mentres se executan os traballos. A xornada posterior será necesaria para o curado da laxa de formigón. O 19 de xuño ás 07.00 horas trasladarase o corte ao carril esquerdo, permitíndose de igual modo o tráfico alternativo regulado con semáforos. Os traballos levaranse a cabo durante o día e manterase o corte durante 24 horas para o curado do formigón. Segundo a planificación dos traballos, prevese a finalización do desvío o 20 de xuño ás 19.00 horas, restablecendo a circulación con normalidade.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Abre ao tráfico o primeiro treito da prolongación da AG-59 entre Santiago e A Estrada

A prolongación da autovía AG-59, entre Santiago e A Estrada, porá este mércores, 22...

Hostaleiros esperan unha ocupación por baixo do 80% na semana das festas do Apóstolo, en Santiago

O portavoz da Unión Hoteleira de Compostela (UHC), José Antonio Liñares, indicou que se...