InicioSOCIEDADEO Servizo de Anatomía Patolóxica do CHUS recoñecido coa acreditación ISO 15189...

O Servizo de Anatomía Patolóxica do CHUS recoñecido coa acreditación ISO 15189 pola súa “calidade asistencial”

"Os pacientes galegos recibirán diagnósticos máis precisos e tratamentos máis eficaces, con menos efectos secundarios e mellores resultados", celebrou o conselleiro de Sanidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto co xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Ángel Facio, participou este domingo no acto de entrega da acreditación ISO 15189 en Patoloxía Molecular ao Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela pola súa “calidade asistencial”.

Segundo explicou a Xunta nunha nota de prensa, os laboratorios deste servizo do hospital compostelán serán os primeiros da rede pública galega en dispor dunha acreditación que os autoriza para a realizar probas moleculares de cancro, “o que permitirá unha maior precisión na obtención dos datos xenéticos dos pacientes”.

Ademais, insistiu en que a acreditación ISO 15189 é “especialmente relevante” no contexto do novo regulamento europeo sobre produtos sanitarios para o diagnóstico in vitro (IVDR), “que esixe que os laboratorios que utilizan reactivos sen marcado CE teñan esta acreditación”. Con todo, celebrou que “os pacientes galegos recibirán diagnósticos máis precisos e tratamentos máis eficaces, con menos efectos secundarios e mellores resultados”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...