InicioSANTIAGOLara Castro Taboada recibe a bolsa Santander Excelencia 360º polo seu expediente...

Lara Castro Taboada recibe a bolsa Santander Excelencia 360º polo seu expediente e compromiso cultural

A estudante da USC aspira a unir educación infantil e música no seu futuro profesional

Publicado o

Xornal de Compostela

A compostelá Lara Castro Taboada, estudante do último curso do grao en Educación Infantil na Universidade de Santiago de Compostela (USC), vén de recibir a bolsa Santander Excelencia 360º, unha distinción que recoñece tanto os méritos académicos como a implicación cultural e social do alumnado universitario.

A bolsa, dotada con 12.000 euros, forma parte dun convenio entre a USC e a Fundación Banco Santander, que busca fomentar o rendemento académico e a participación activa na vida universitaria. A concesión foi avaliada por unha Comisión de selección que destacou o “extraordinario estudiantado” da universidade e a súa contribución ao desenvolvemento da sociedade galega. Nese sentido, consideraron que perfís como o de Lara Castro “auguran un bo futuro para o país”.

A galardoada expresou a súa satisfacción destacando que este recoñecemento “é froito de moito traballo e esforzo, pero tamén de pasalo ben e de gozar probando cousas novas”. Alén do seu expediente académico, a comisión valorou especialmente o seu interese pola cultura e o compromiso social, así como a súa vontade de innovar dentro do campo educativo.

Un dos aspectos que máis peso tivo na súa candidatura foi a súa formación e interese pola música, un eido que considera inseparable da súa identidade. “A educación musical forma parte da miña vida”, explicou Lara, quen manifesta a vontade de integrar a música no proceso educativo como ferramenta de aprendizaxe, expresión e inclusión na etapa infantil.

A USC salientou que a bolsa é un exemplo do seu compromiso por recoñecer o talento e fomentar proxectos transformadores liderados polo seu alumnado. O caso de Lara Castro representa, segundo a institución, a combinación entre excelencia académica e vocación pedagóxica, con perspectiva de futuro e impacto positivo no ámbito educativo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...