InicioSOCIEDADEO expresidente do Goberno Mariano Rajoy peregrina a Santiago polo Camiño Francés

O expresidente do Goberno Mariano Rajoy peregrina a Santiago polo Camiño Francés

Asegura non ter intención de "falar ao Apóstolo" da situación do PSOE

Publicado o

Xornal de Compostela

Afeccionado recoñecido a camiñar, o expresidente do Goberno Mariano Rajoy (PP) transformouse nun peregrino máis neste mes de xuño para, acompañado dun dos seus fillos e dun amigo deste, realizar parte do Camiño Francés e visitar ao Apóstolo na capital galega, onde prevé chegar entre o domingo e o luns. 

A primeira etapa da ruta que elixiu o que fora líder do PP e xefe do Executivo central, apartado do seu cargo por histórica moción de censura en España que deixou a Pedro Sánchez como presidente estatal, realizouna o pasado xoves, uns 25 quilómetros entre Sarria e Portomarín. No segundo tramo, este venres, o expresidente estivo máis acompañado pola prensa, nun escenario político marcado pola dimisión de Santos Cerdán como secretario de Organización do PSOE a raíz do informe da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil que o sitúa como membro da suposta trama de comisións de Koldo García.

E se non faltou algún fotógrafo para captar a súa camiñada, tamén foi preguntado pola situación do PSOE tras a dimisión de Cerdán por un xornalista de Atresmedia. A reacción do expresidente foi difundida en redes sociais polo PP galego cunha mensaxe: “En pleno Camiño de Santiago, Mariano Rajoy deu a resposta sobre a corrupción do PSOE”, en alusión á retranca coa que adoita impregnar as súas palabras. “Eu ao Apóstolo Santiago non lle vou a falar deses asuntos polos que vostede se interesa, nin por esas persoas ás que vostede nomeou. Non o merecen”, limítase a contestar Rajoy, antes de continuar a súa camiñada.

CAMIÑA “A BO RITMO”

Rajoy partiu na mañá deste venres de Portomarín, con destino Palas de Rei, na súa segunda etapa da ruta, co obxectivo de chegar a Santiago entre o domingo e o luns. Tal e como trasladaron algúns dos peregrinos cos que se atopou, o popular converteuse no foco de atención nunha xornada de gran fluxo de camiñantes. Ademais, coincidiron en que camiña a “un moi bo ritmo” e está en “unha moi boa forma física” para a súa idade. Esta é a primeira vez que percorre unha maior distancia desta ruta de peregrinación (o Camiño Francés), a pesar de que no ano 2014 percorreu un tramo coa entón chanceler alemá, Ángela Merkel.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...