InicioPOLÍTICAGoretti Sanmartín solicita ao Goberno "todas as explicacións pertinentes" tras a dimisión...

Goretti Sanmartín solicita ao Goberno “todas as explicacións pertinentes” tras a dimisión de Santos Cerdán

A alcaldesa de Santiago fixo estas declaracións despois de coñecerse o informe presentado pola Unidade Central Operativa (UCO) no que se lle asociaba cunha presunta trama de cobro de comisións por obra pública

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, solicitou ao Goberno central “todas as explicacións pertinentes” sobre as informacións que motivaron a dimisión de Santos Cerdán a raíz do informe presentado pola Unidade Central Operativa (UCO) no que se lle asociaba cunha presunta trama de cobro de comisións por obra pública. Preguntada polos medios de comunicación durante un acto deste venres, Sanmartín defendeu a “tolerancia cero” á corrupción e reclamou que “todas as organizacións políticas e administracións teñen que ter un comportamento ético”.

Ante estes feitos, a mandataria municipal mostrou a súa preocupación pola “desafección política” que causa que se coñezan casos coma este. “Realmente ao final acaba creando unha perspectiva dunha instalación de corrupción dentro das administracións que creo que é moi negativa para o funcionamento público e para as novas xeracións” afirmou Sanmartín. Finalmente, concluíu demandando “transparencia total” e subliñou que o presidente estatal “ten que facer gala desa transparencia”.

OUTRAS CUESTIÓNS

A alcaldesa instou asimesmo a asumir unha “posición de país” en materia de transporte aéreo e a “tomar as rendas” dunha política de complementariedade e especialización para os aeroportos galegos, especialmente o da capital, que cualificou como “de referencia e máis relevante a nivel galego”.

A rexedora foi preguntada pola prensa pola posible caída de pasaxeiros rexistrada no aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro durante o mes de maio, tras unha etapa prolongada de cifras positivas. “Despois duns datos magníficos, tiña que haber unha parada”, sinalou Sanmartín, quen apuntou que o Concello xa advertira dunha eventual ralentización. A alcaldesa relacionou este descenso co aumento de usuarios da nova estación de tren intermodal, recentemente inaugurada na cidade, o que estaría provocando un desprazamento parcial do fluxo de viaxeiros ao transporte ferroviario.

Neste contexto, reclamou unha visión global e coordinada entre administracións que permita planificar os usos dos tres aeroportos galegos —Santiago, Vigo e A Coruña— desde unha lóxica de complementariedade e non de competencia interna. A súa proposta vai dirixida a reforzar o papel da terminal compostelá como principal infraestrutura aérea de Galicia, á vez que se aproveitan as conexións doutros medios de transporte.

En relación a outras cuestións da actualidade municipal, Sanmartín referiuse tamén á polémica arredor do parque comarcal de bombeiros de Ames, cuxa posta en marcha continúa sen concretarse malia estar anunciada desde hai meses. Respondeu así ás críticas do alcalde de Ames, Blas García, quen lamentou publicamente a falta de avances no proxecto. A alcaldesa compostelá pediu “paciencia” e asegurou que se están ultimando “os últimos detalles”, polo que agarda que “en breves haxa unha solución definitiva para encamiñar o problema”.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O PSdeG reclama definir o destino dos ingresos da taxa turística no orzamento municipal de 2026

O Grupo Municipal Socialista en Santiago trasladará ao pleno deste mes de abril a...

O Goberno local atribúe a problemas técnicos o atraso nas bolsas de comedor

O Goberno local de Santiago respondeu ás críticas formuladas polo Partido Popular sobre o...

O PP denuncia cinco meses de atrasos nos pagamentos das bolsas de comedor e actividades en Santiago

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, Borja Rubio, denunciou este martes en rolda...