InicioMOV. SOCIAISO Concello impulsa un servizo pioneiro de mediación intercultural para mellorar a...

O Concello impulsa un servizo pioneiro de mediación intercultural para mellorar a convivencia

A Unidade de Atención ás Persoas Migrantes pon en marcha unha experiencia piloto ata outubro con atención en varios barrios da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago vén de estrear un novo Servizo de Mediación Intercultural Comunitaria, unha iniciativa da Unidade de Atención ás Persoas Migrantes (UAMI) coa que se busca facilitar a convivencia e o diálogo entre a veciñanza e a crecente poboación migrante da cidade. A presentación do proxecto tivo lugar nunha rolda de prensa encabezada pola concelleira María Rozas, acompañada por Mari Fidalgo, mediadora encargada do servizo, e Miguel Fernández, da Plataforma polo Emprego do Foro Galego de Inmigración.

Segundo explicou Rozas, o servizo nace como unha experiencia piloto que se desenvolverá ata finais de outubro e pretende dar resposta a unha demanda histórica do tecido asociativo vinculado á migración. A mediadora Mari Fidalgo —persoa con 22 anos de traxectoria no activismo migrante en Compostela— será a encargada de liderar esta nova etapa desde unha perspectiva comunitaria, antirracista e feminista interseccional.

O proxecto busca acompañar as persoas migrantes no seu proceso de asentamento na cidade, facilitar a comunicación con institucións e veciñanza e combater os discursos de odio. A propia Rozas alertou de que no ano 2023 se rexistraron no Estado máis de 850 delitos de odio por racismo e xenofobia, unha cifra que, segundo sinalou, representa só a punta do iceberg.

O servizo prestará atención de luns a venres en diferentes espazos municipais. Os luns e mércores estará dispoñible de 16:00 a 20:00 na sede da UAMI, situada no edificio do CERSIA en Salgueiriños. Os martes e xoves, de 10:00 a 14:00, funcionará no Centro Sociocultural do Ensanche, e os venres, de 08:00 a 15:30, na Casa Comunitaria de O Outeiro das Cancelas.

A mediación irá dirixida tanto á poboación de orixe estranxeira como a profesionais e entidades sociais, educativas ou sanitarias que traballen co colectivo migrante. Mari Fidalgo subliñou que a intervención terá un enfoque integral, incorporando o acompañamento psicosocial, xa que “migrar tamén afecta á saúde mental”. Reivindicou tamén a necesidade de “enraizar” e non só “integrar”, apostando por unha sociedade cohesionada e respectuosa coa diversidade.

Desde o Foro Galego de Inmigración, Miguel Fernández lembrou que esta función de mediación xa se viña realizando desde hai tempo de forma voluntaria e autoxestionada polo movemento asociativo, e instou o Concello a consolidar o servizo no futuro con máis recursos e persoal especializado. Asemade, puxo como exemplo situacións cotiás que poden resultar complexas para unha persoa migrante, como obter un certificado de empadroamento ou orientarse nos procedementos administrativos.

O servizo comezou xa a súa actividade esta semana e pode ser contactado por calquera persoa interesada a través do correo electrónico ou teléfono facilitado pola UAMI. María Rozas agradeceu a longa traxectoria do Foro de Inmigración e destacou que Santiago é e debe seguir sendo unha cidade de acollida, tamén grazas ao traballo silencioso do terceiro sector.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here