InicioPOLÍTICAO delegado do Goberno di que non é a súa "preocupación inmediata"...

O delegado do Goberno di que non é a súa “preocupación inmediata” a súa candidatura á Alcaldía de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, defendeu que os socialistas de Santiago de Compostela contan cun “banco con gran capacidade” para elixir, de cara ás próximas eleccións municipais, o que será o seu candidato ou candidata para a Alcaldía desta cidade.

A preguntas dos xornalistas se el pode ser a persoa que lidere a candidatura, tras a elección da nova executiva socialista nesta cidade e da que el forma parte, afirmou que el aínda ten dous anos “para traballar na Delegación do Goberno”. “Esa é a miña preocupación inmediata”, indicou para destacar, mentres, sobre a nova executiva socialista en Santiago de Compostela, a súa “capacidade de traballo” para situala “onde lle corresponde” cun “proxecto de cidade e de capitalidade”.

Cando goberna o PSdeG, Santiago prospera“, sentenciou tamén para engadir que “agora toca remaganarse, traballar por Santiago e captar esa ilusión que lle falta”, engadiu, á cidade.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O PSdeG reclama definir o destino dos ingresos da taxa turística no orzamento municipal de 2026

O Grupo Municipal Socialista en Santiago trasladará ao pleno deste mes de abril a...

O Goberno local atribúe a problemas técnicos o atraso nas bolsas de comedor

O Goberno local de Santiago respondeu ás críticas formuladas polo Partido Popular sobre o...

O PP denuncia cinco meses de atrasos nos pagamentos das bolsas de comedor e actividades en Santiago

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, Borja Rubio, denunciou este martes en rolda...