InicioPOLÍTICAAitor Bouza revalida a Secretaría Xeral do PSOE compostelán e aposta por...

Aitor Bouza revalida a Secretaría Xeral do PSOE compostelán e aposta por un proxecto renovado e interxeracional

O novo equipo de dirección do PSdeG en Santiago combina experiencia e militancia de base co obxectivo de recuperar a Alcaldía

Publicado o

Xornal de Compostela

O recentemente reelixido secretario xeral do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela, Aitor Bouza, agradeceu á militancia a confianza depositada para liderar unha nova etapa da agrupación local. Así, subliñou hoxe que a súa elección representa “un proxecto colectivo”, concibido para construír un partido útil, dinámico e preparado para gobernar de novo a capital galega.

Bouza, licenciado en Dereito pola USC, profesor e experto en comunicación política, leva anos vinculado á organización socialista, tanto a nivel local como galego e estatal. Exdirixente das Xuventudes Socialistas de Galicia e secretario da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG, compaxina esta nova responsabilidade coa presidencia do Comité Galego Arbitral da Federación de Natación.

A súa aposta para esta nova etapa é un equipo que reflicte a pluralidade da agrupación compostelá, incorporando perfís con experiencia institucional, profesional e organizativa, xunto a voces emerxentes da base militante. A vicesecretaría xeral recae en Marta Álvarez-Santullano, avogada e exconcelleira entre 2003 e 2015, quen fora voceira do grupo municipal socialista durante o goberno local de 2007-2011. Álvarez-Santullano mantén, ademais, un papel activo a nivel estatal como membro do Comité Federal do PSOE.

Segundo o secretario xeral, esta nova executiva nace para “sumar xeracións, experiencias e compromisos”, cunha orientación clara cara á mobilización e a proximidade ao tecido social: “Queremos construír un partido que volva estar presente en cada barrio e en cada parroquia”. O líder socialista fixo fincapé na necesidade de consolidar a unidade interna e manter unha escoita activa da cidadanía, sinalando que o PSdeG representa unha “alternativa seria e crible” ao actual goberno municipal.

A estrutura deseñada por Bouza inclúe áreas clave como participación cidadá, innovación, cultura, comercio ou memoria democrática. Entre os nomes salientables da nova Comisión Executiva Municipal atópanse profesionais da sanidade pública, da universidade, do tecido asociativo ou da investigación tecnolóxica, como Guadalupe Rodríguez en Cultura e Igualdade; Francisco Javier Cardama en Transformación Dixital e LGTBI; ou María Pereira en Educación e Universidades.

O novo secretario xeral pechou a súa intervención cun chamamento a continuar o traballo con ilusión e responsabilidade: “Temos a forza, o equipo e o proxecto. Agora toca construír xuntas e xuntos o futuro que Santiago necesita”.

ÚLTIMAS

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

O Atardecer no Gaiás reúne 15.000 persoas e pecha a súa segunda edición con máis público

O ciclo Atardecer no Gaiás congregou 15.000 persoas na súa edición de 2026, segundo...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

Rosón esixe ao Concello toda a documentación sobre Fly2Galicia e acusa o goberno de non revisar a operativa

A concelleira non adscrita de Santiago Mercedes Rosón reclamou ao goberno municipal que faga...

Verea tira de ironía ante o choque no bipartito pola polémica de Fly2Galicia: “Que pasa, bro?”

Compostela Aberta (CA), socio do BNG no Goberno municipal de Santiago, expresou este venres...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here