InicioSOCIEDADEBrasil contará cunha nova mouteira do Camiño, a segunda no país

Brasil contará cunha nova mouteira do Camiño, a segunda no país

Concretamente estará instalada en Porto Alegre

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta avanzou que Brasil contará cunha nova mouteira do Camiño de Santiago, concretamente en Porto Alegre, que se instalará proximamente e que será a segunda do país xunto ao situado en Río de Janeiro desde 2019. Segundo trasladou o Goberno galego, esta tramitación obedece ao obxectivo da Xunta de seguir avanzando na sinalización internacional e na promoción do destino.

Tal e como comunicou durante unha reunión á que asistiu o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Río Grande do Sul (ACASARGS), Adriana Reis, Merelles puxo en valor o importante papel do movemento asociativo no exterior en torno ao Camiño de Santiago, así como o seu labor de difusión internacional.

Neste sentido, anunciou que a Xunta colaborará na organización do Congreso Nacional de Asociacións do Camiño de Santiago, que terá lugar en 2026 e que estará a cargo da entidade de Porto Alegre. Así mesmo, o director de Turismo de Galicia tamén mantivo un encontro con Marta Rossi, directora da feira de turismo de América Latina Festuris. Na reunión abordouse a participación galega na próxima edición do evento, que se celebrará do 7 ao 9 de novembro.

“Por 17ª vez consecutiva, Galicia volverá estar presente cunha caseta no que seguiremos destacando o valor do Camiño de Santiago, moi demandado no mercado brasileiro, así como a oferta turística global da nosa comunidade”, sinalou Merelles. A presenza de Turismo de Galicia en Festuris forma parte do plan de promoción internacional do destino galego, que inclúe máis de 130 accións en máis de 30 mercados nacionais e internacionais, cun investimento global de 13 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...