InicioPOLÍTICAVerea acusa co goberno local de bloquear o transporte urbano durante unha...

Verea acusa co goberno local de bloquear o transporte urbano durante unha década

O portavoz do PP critica a xestión do contrato do autobús e reclama a dimisión do concelleiro Xan Duro

Publicado o

Xornal de Compostela

O voceiro do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cargou este martes contra a coalición de goberno formada por BNG, Compostela Aberta e PSdeG, á que responsabilizou de dez anos de parálise no servizo de transporte urbano. Fíxoo durante o pleno municipal, onde centrou os seus reproches na figura do concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, a quen acusou de non ter avanzado na renovación do servizo desde o seu regreso ao executivo local hai dous anos.

Segundo Verea, o edil nacionalista xa fora o encargado do contrato entre 2015 e 2019, e nos dous últimos anos “non houbo nin un só paso adiante”, o que, ao seu xuízo, sitúa a súa responsabilidade directa nun período que abrangue entre seis e dez anos. “O único que fixo foi borrar todo e comezar de cero”, afirmou o líder popular, quen lle reprochou que dixese exactamente iso tras anunciar a licitación dun novo contrato de autobús urbano, esta vez como contrato de servizos e non como concesión.

Durante a súa intervención, Verea foi máis alá e pediu a dimisión de Duro. “Co aprecio persoal que lle teño, vostede tiña que terlle pedido desculpas aos santiagueses, recoñecer que se equivocou, e marchar”, declarou, engadindo que “a dignidade política só tiña un camiño, e era a porta de saída”.

CRÍTICAS Á ALCALDESA E AOS SOCIOS DE GOBERNO

O voceiro do PP tamén apuntou á alcaldesa Goretti Sanmartín e ao funcionamento xeral do goberno local. Aproveitou a polémica xerada arredor dunha factura de arredor de 500.000 euros para o alugueiro de autobuses, incluída no pleno municipal deste martes e rexeitada polo exsocialista e agora concelleiro non adscrito Gonzalo Muiños, para criticar a falta de cohesión do goberno local.

“Non é un goberno, é un circo que vostede dirixe”, declarou dirixíndose a Sanmartín. “Nin sequera os seus socios de goberno son quen de aprobarlle as súas propias trapalladas”, engadiu, en alusión á negativa de Muiños a aprobar o pagamento que cualificou de “irregular”.

Verea concluíu asegurando que o PP “non colaborará para tapar o desgoberno” e instou á rexedora a “poñer orde no seu pacto de gobernabilidade e facer que a cidade funcione”.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O PSdeG reclama definir o destino dos ingresos da taxa turística no orzamento municipal de 2026

O Grupo Municipal Socialista en Santiago trasladará ao pleno deste mes de abril a...

O Goberno local atribúe a problemas técnicos o atraso nas bolsas de comedor

O Goberno local de Santiago respondeu ás críticas formuladas polo Partido Popular sobre o...

O PP denuncia cinco meses de atrasos nos pagamentos das bolsas de comedor e actividades en Santiago

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, Borja Rubio, denunciou este martes en rolda...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here