InicioSOCIEDADEMil cardiólogos de todo o Estado reuniranse esta semana en Santiago

Mil cardiólogos de todo o Estado reuniranse esta semana en Santiago

Pedirán culminar a creación da subespecialidade de Cardioloxía Intervecionista.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Cardioloxía Intervencionista da Sociedade Española de Cardioloxía (ACI-SEC) aproveitará o seu encontro anual, que terá lugar de 4 ao 6 de xuño no Auditorio de Galicia, para reclamar que se culmine a creación da subespecialidade médica. Tal e como trasladou a entidade nunha nota de prensa, a cita reunirá durante o congreso a máis de mil expertos de toda España no diagnóstico e tratamento percutáneo da enfermidade cardiovascular.

Neste contexto, a presidencia da Asociación de Cardioloxía Intervencionista, a doutora Belén Cid, explicou que a cardioloxía intervencionista “é unha subespecialidade médica que diagnostica e trata enfermidades cardiovasculares de forma minimamente invasiva” a través de “procedementos percutáneos”.

A asociación apuntou así mesmo que “para adquirir os coñecementos e as habilidades técnicas necesarias para conseguir unha asistencia de calidade, requírese unha formación complementaria e específica adicional, por un período de dous anos, á xa ofrecida durante a especialización en cardiología”.

Así mesmo, o presidente da SEC (Sociedade Española de Cardioloxía), o doutor Luís Rodríguez Padial, engadiu que desde a entidade consideran “fundamental que a formación dos especialistas se basee en criterios rigorosos e regulados” e confía en que se “implementen proximamente, consolidando un modelo formativo de calidade”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...