InicioCULTURAGalicia Escena Pro reúne en Santiago a máis de 220 profesionais das...

Galicia Escena Pro reúne en Santiago a máis de 220 profesionais das artes escénicas

A feira busca impulsar a contratación de espectáculos galegos con 21 propostas escénicas e medio milleiro de encontros profesionais

Publicado o

Xornal de Compostela

A praza de Mazarelos acolleu este luns a inauguración oficial da 12ª edición de Galicia Escena Pro, o mercado galego das artes escénicas, que se celebra en Santiago de Compostela ata o xoves 5 de xuño. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, deulle a benvida aos máis de 220 profesionais inscritos, así como ao público asistente, xusto antes da actuación inaugural do Colectivo Glovo coa peza de danza contemporánea Trïade.

Organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega, o evento foi presentado como un “escaparate” para dar visibilidade á calidade e diversidade dos espectáculos escénicos producidos na comunidade. O conselleiro estivo acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e pola presidenta de Escena Galega, Patricia de Lorenzo, quen animaron ao sector a aproveitar tanto as funcións como as actividades paralelas dun programa que cualificaron de “ambicioso”.

A programación inclúe 21 espectáculos de teatro, danza e circo contemporáneo, moitos deles con apoio económico da Xunta, que se exhiben en diferentes espazos da capital galega. Estas funcións, abertas tamén ao público xeral, constitúen o núcleo central dunha feira que persegue favorecer a contratación destas pezas por parte dos programadores presentes.

Nesta edición participan máis de 80 responsables de circuítos, festivais e espazos escénicos, procedentes de toda Galicia, así como de outras sete comunidades autónomas e Portugal. Para facilitar o contacto entre compañías e axentes culturais, a feira acollerá tamén 12 presentacións de proxectos en formato pitching, máis de 500 reunións profesionais, dúas mesas redondas dedicadas aos retos da distribución e da programación, e un concerto do grupo Capital Voskov.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...