InicioSOCIEDADEA USC, a 500 mellor universidade do mundo

A USC, a 500 mellor universidade do mundo

As tres universidades galegas, entre as 1.000 mellores de todo o mundo

Publicado o

Xornal de Compostela

As tres universidades galegas situáronse na lista das mil mellores de todo o mundo, con Santiago no posto 500, mentres que a UVigo sitúase no 811 e a Universidade da Coruña, no 985. Así se desprende do ránking Center for World University (CWUR) publicado este luns, que outorga á USC 74,4 puntos sobre 100, situándoa no posto número 12 a nivel nacional e no 192 no ámbito europeo.

A Universidade de Vigo (UVigo) consolidouse entre o 3,8 % das mellores universidades do mundo, ocupando o posto 811 a nivel global e o 309 no apartado europeo. En concreto, o centro olívico ascendeu ata os 71,8 puntos, pasando de estar no top 4 % en 2023, ao 3,9 % en 2024 e agora no 3,8 % das mellores do mundo. Así, ocupa o posto 811 entre as 21.462 institucións académicas de todo o mundo analizadas para formar parte desta lista global. En canto á clasificación nacional, mantense no posto 27. Pola súa banda, a UDC é a 34 mellor universidade de España e o número 985 a nivel global. Ademais, ocupa o posto 366 en Europa con 70,7 puntos sobre 100.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...