InicioSOCIEDADEGalicia promociona o Camiño en Brasil cunha axenda oficial e cultural en...

Galicia promociona o Camiño en Brasil cunha axenda oficial e cultural en Porto Alegre

Exposicións, encontros institucionais e proxeccións visibilizan en Brasil o valor espiritual e cultural da peregrinación.

Publicado o

Xornal de Compostela

A cidade brasileira de Porto Alegre acolle este xuño o Mes do Camiño de Santiago cunha programación que vai desde unha mostra fotográfica da ruta xacobea ata ciclos de conferencias e cinema sobre un dos máis importantes itinerarios de peregrinación, considerado como vertebrador de Europa.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, viaxará ao país suramericano esta semana para participar nos distintos actos conmemorativos organizados con motivo desta celebración.

Concretamente, visitará a mostra ‘Iacobus Gaudet. Os Camiños de Santiago en Galicia’ e manterá varios encontros de traballo con autoridades locais e nacionais para abrir novas colaboracións na promoción turística en Brasil.

Ademais, visitará o Centro Español de Porto Alegre que antigamente tamén foi casa de galegos e reunirase cos responsables da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Río Grande do Sul (ACASARGS) para intensificar os lazos de colaboración a favor da promoción xacobea.O director de Turismo de Galicia tamén manterá encontros no Consulado Xeral de E spaña e no Instituto Cervantes de Porto Alegre.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...