InicioPOLÍTICAO PSdeG reclama á Xunta que garanta a continuidade do máster en...

O PSdeG reclama á Xunta que garanta a continuidade do máster en Matemáticas da USC

O deputado Julio Abalde alerta de que a desaparición da titulación suporía a ruptura da liña grao-mestrado-doutoramento en Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Parlamentario Socialista presentou esta semana unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia co obxectivo de reclamar á Xunta unha “solución inmediata” que evite a desaparición do máster en Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. A medida chega tras un encontro entre o deputado Julio Abalde, tamén secretario de Universidades e Ciencia do PSdeG, e representantes da Plataforma en Defensa do Mestrado en Matemáticas da USC, preocupados pola continuidade desta formación de posgrao.

Segundo denunciou Abalde, se non se corrixe a situación, o sistema universitario galego verase privado da única liña completa de estudos en Matemáticas —grao, máster e doutoramento—, o que suporía, na súa opinión, “un grave retroceso” no mapa de titulacións do Sistema Universitario de Galicia (SUG). “O máster non pode valorarse só polos datos de matrícula. Hai que considerar tamén a súa relevancia estratéxica e o seu papel como vía de acceso á investigación”, explicou o deputado socialista.

O PSdeG considera que a decisión da Xunta, gobernada polo Partido Popular, de suprimir o mestrado baseándose no baixo número de estudantes matriculados, non ten en conta os criterios cualitativos, como a conexión desta titulación con liñas de investigación de recoñecida excelencia, tanto a nivel nacional como internacional. Estas liñas están ligadas ao corpo docente da USC e constitúen, segundo os socialistas, “un activo esencial para o futuro científico e tecnolóxico de Galicia”.

Ademais, Abalde advertiu que a eliminación do máster podería “xerar un agravio comparativo” coas universidades privadas, que si poden manter ou mesmo ampliar titulacións similares. Neste contexto, o parlamentario tamén reclamou unha revisión do actual decreto de titulacións do SUG, que segundo dixo provocou “problemas graves” nalgúns campus periféricos, como o de Lugo.

A plataforma cidadá que defende a continuidade do mestrado leva semanas denunciando publicamente a situación e recabando apoios institucionais e académicos. O PSdeG comprometeuse a trasladar esta preocupación ao Parlamento galego e a facer seguimento do asunto para evitar o desmantelamento progresivo da oferta pública en Matemáticas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...