InicioSOCIEDADEInaugurada a exposición 'Unha ollada sobre Palestina' no centro sociocultural de Conxo,...

Inaugurada a exposición ‘Unha ollada sobre Palestina’ no centro sociocultural de Conxo, con 22 fotografías de Gaza

A mostra reúne 22 fotografías cedidas polo autor Hosny Salah, un xornalista e fotógrafo palestino que documentou o conflito desde o seu inicio para reflectir "como se estaba vivindo a situación" e, así, "concienciar á cidadanía"

Publicado o

Xornal de Compostela

A Plataforma Compostela por Palestina, en colaboración co Concello de Santiago, inaugurou este venres a exposición ‘Unha ollada sobre Palestina’ no Centro Sociocultural (CSC) de Conxo. A mostra reúne 22 fotografías cedidas polo autor Hosny Salah, un xornalista e fotógrafo palestino que documentou o conflito desde o seu inicio para reflectir “como se estaba vivindo a situación” e, así, “concienciar á cidadanía”, segundo explicou un representante da organización cidadá tras a exposición, Miguel Fernández.

As fotografías van acompañadas de códigos QR que permiten acceder a información concreta sobre cada unha das imaxes. Neste sentido, Fernández reivindicou: “Non nos podemos quedar parados mentres asistimos ao intento de destrución total dun pobo e dun territorio, en algo que xa vai máis aló dun xenocidio”. A exposición ten un carácter itinerante e, antes de chegar ao barrio de Conxo, púidose ver no CSC de Vite, o CIFP de Compostela e o IES Terra do Xallas, en Santa Comba.

COLABORACIÓN E APOIO DO CONCELLO

Así mesmo, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, trasladou a solidariedade coa causa da mostra: “Apoiamos todas aquelas iniciativas que teñan como obxectivo visibilizar a situación terrible que está a vivir o pobo palestino”. Para a rexedora, “o xenocidio que se está producindo dá conta de que algo pasa na humanidade cando se están asasinando a miles de persoas, miles de nenos e nenas” e, ademais, está a mostrar “imaxes que producen calafríos”. “Hai determinadas organizacións políticas que miran cara a outro lado”, reprochou.

Pola súa banda, a tenente de alcalde e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas agradeceu á plataforma “todo o traballo que fai polo pobo palestino” e “visibilizar” en Santiago “a situación deste xenocidio que está a vivir Gaza”. Segundo lembrou, esta mostra fotográfica forma parte dun acordo ausmido no pleno municipal e apoiado por BNG, Compostela Aberta e PSOE, que inclúe outras iniciativas que se irán desenvolvendo ao longo destes meses.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...