InicioSANTIAGOAtmósfera Centro Deportivo colabora con ACEM para visibilizar as enfermidades neurodexenerativas en...

Atmósfera Centro Deportivo colabora con ACEM para visibilizar as enfermidades neurodexenerativas en Santiago

A campaña '12 Comercios, 12 Sensibilidades' dedica o mes de xuño á esclerose múltiple con actividades informativas, divulgativas e solidarias

Publicado o

Xornal de Compostela

A tenda Atmósfera Centro Deportivo será a protagonista no mes de xuño da campaña municipal ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’, promovida polo Concello de Santiago para unir comercio local e entidades sociais. Neste caso, o protagonismo recae na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM), que tamén atende a persoas con párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas.

A presentación da programación tivo lugar este 30 de maio, Día Mundial da Esclerose Múltiple, nunha rolda de prensa na que interviron a concelleira María Rozas, a responsable da tenda Rosa Guillén Tachi e o director de ACEM, Marcos Moure. Rozas destacou a continuidade desta colaboración, que xa tivera lugar na primeira edición da campaña, e salientou o labor da asociación, ‘que leva máis de vinte anos acompañando persoas afectadas por esta enfermidade e ás súas familias, porque o diagnóstico impacta nos proxectos vitais de toda a contorna da persoa enferma’.

Durante o mes de xuño, a tenda deportiva acollerá un punto informativo permanente para dar a coñecer a actividade da entidade, ademais de dúas accións específicas: o martes 10 de xuño, ás 19.00 horas, celebrarase un obradoiro de nutrición a cargo da especialista Claudia Gómez, e o xoves 26 de xuño, tamén ás 19.00 horas, unha mesa redonda sobre o párkinson e a esclerose múltiple, con persoas afectadas que compartirán as súas experiencias.

A estas actividades súmase a participación de ACEM na Carreira da Policía Nacional, prevista para o 21 de xuño, que terá un marcado carácter solidario. A inscrición poderá formalizarse en Atmósfera Centro Deportivo, onde tamén se poden adquirir as camisetas oficiais coas que se recadará diñeiro para a asociación. Ademais, durante a xornada conmemorativa do 30 de maio, ACEM desenvolveu unha acción informativa na Praza de Cervantes e unha andaina conxunta coa Asociación de Esclerose Múltiple de Collado Villalba que rematou na Praza do Obradoiro cunha lectura de manifesto.

Segundo datos da asociación, máis de 4.500 persoas padecen esclerose múltiple en Galicia, unha enfermidade autoinmune que afecta ao sistema nervioso central e se manifesta entre os 20 e os 40 anos, especialmente nas mulleres. Moure advertiu que se trata da principal causa de incapacidade non traumática entre a poboación nova en España e lembrou que en Santiago e a súa contorna ACEM atende a preto de 300 persoas, incluíndo casos de párkinson, ELA e outras patoloxías afíns.

O director da entidade tamén denunciou a falta de avances en investigacións e tratamentos nalgunhas destas doenzas, especialmente no caso da ELA, para a que ‘non se desenvolveu ningún medicamento novo desde 1996’. Pola contra, sinalou que a esclerose múltiple e o párkinson si avanzaron na súa cronificación e diagnóstico temperán, e puxo en valor o carácter integral do traballo de ACEM, que conta cun equipo multidisciplinar formado por 15 profesionais, entre fisioterapeutas, logopedas, terapeutas ocupacionais, psicóloga, educadora social, nutricionista e asesoría xurídica.

Rozas, pola súa banda, subliñou que a campaña, impulsada por 12 mulleres comerciantes, serve para poñer en valor o papel do comercio local como axente activo de transformación social e destacou o compromiso do goberno municipal co apoio a iniciativas que fomenten a sensibilización e a cooperación co terceiro sector.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here