InicioSOCIEDADEConxo volve ao 1856 con reproches do goberno local ao PP pola...

Conxo volve ao 1856 con reproches do goberno local ao PP pola famosa senda verde

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago regresou un ano máis a 1856 cunha nova edición da festa do Banquete de Conxo, unha cita que reúne por centos de composteláns na histórica ‘carballeira’ para lembrar a aqueles universitarios, obreiros e artesáns que, hai case 170 anos, compartiron mesa para reivindicar a igualdade e a liberdade.

Aínda que os actos de celebración empezaron xa o venres, este domingo foi o gran día da festa do Banquete, unha xornada na que o ambiente festivo foi o protagonista e que comezou cun desfile desde a praza do Toural ata o campo da festa de Conxo. Entre sons de gaitas, tambores, berros de alegría e un ambiente de xúbilo, centos de veciños percorreron as rúas vestidos con traxes de época ata chegar á praza Aurelio Aguirre de Conxo, onde tivo lugar o pregón, a cargo de Xosé Neira, representante da parroquia de Aríns, e Manuel Cespón, representante da parroquia de Figueiras.

Este último destacou a cita como “unha homenaxe a aqueles estudantes e obreiros que se reuniron, unha xornada para non esquecer de onde vimos e onde queremos chegar. Se unha sociedade esquece a súa historia pode estar condenada”. Un mercadillo con libros, artesanía e mostras de oficios, así como propostas musicais, foron a antesala dunha comida e romaría que non quixeron perderse representantes políticos como a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e membros da Corporación municipal.

Unha xornada festiva na que mesmo a choiva deu tregua –aínda que unhas tímidas pingas non quixeron perderse o pregón– e na que a polémica, protagonista durante esta semana pola senda que afectaba o Bosque de Conxo, e as disputas políticas deixáronse ao carón. Cabe lembrar que esta mesma semana a Xunta anunciou a suspensión do tramo da senda que afectaba o Bosque de Conxo e que destinará os fondos a outra actuación de mobilidade “sustentable” noutro municipio.

Pola súa banda, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reprochou ao líder do PP local, Borja Verea, “non ter en conta os criterios técnicos e os informes” emitidos pola Xunta de Galicia sobre a senda de Conxo, ante o seu anuncio de retomar o proxecto “na súa integridade” no caso de que el chegase a gobernar a cidade en 2027.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...