InicioSANTIAGOSanmartín cualifica de "manipuladora" a postura de Borja Verea sobre a senda...

Sanmartín cualifica de “manipuladora” a postura de Borja Verea sobre a senda de Conxo anunciando que a retomaría se goberna

O Grupo Municipal Socialista de Santiago presentará no pleno do 3 de xuño unha proposición para instar á Xunta a retomar a execución do carril bici directo entre Santiago e Milladoiro

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reprochou ao líder do PP local, Borja Verea, “non ter en conta os criterios técnicos e os informes” emitidos pola Xunta de Galicia sobre a senda de Conxo, ante o seu anuncio de retomar o proxecto “na súa integridade” no caso de que el chegase a gobernar a cidade en 2027.

“Levo uns cuantos anos en diferentes cargos e non atopei a unha persoa que tivese unha forma de facer política realmente que fose tan rastrera e tan manipuladora como a de Borja Verea”, acusou a rexedora en declaracións aos medios este venres.

Deste xeito, afeou a Verea que afirme que non faría caso aos informes en caso de ser el o alcalde da capital galega: “Parece que aquí hai persoas que están habituadas a funcionar dunha maneira, pois non sei, se chamar de caciquil ou de que, pero pouco menos que iso”.

Para Sanmartín, a forma adecuada de proceder é pedir desculpas tras asumir que “había unha afectación patrimonial, que quen o testemuña é un informe da propia Xunta de Galicia”. “Agora, pensar que ese informe non o temos en conta e pasamos del é a proba de que case non hai palabras”, continuou.

A alcaldesa considerou que, nos últimos tempos, o líder popular ten “un desprezo por eses informes técnicos” e unha maneira de funcionar “que non é democrática” e “nada respectuosa”. A este respecto, comparouno co exalcalde popular da cidade entre 2011 e 2012: “Podería dicirse que é a reencarnación de Conde Roia. Xa sabemos o que é o Partido Popular e o que significou para o Concello de Santiago”.

PSDEG PIDE RETOMAR O CARRIL BICI DIRECTO

Por outra banda, o Grupo Municipal Socialista de Santiago presentará no pleno do 3 de xuño unha proposición para instar á Xunta a retomar a execución do carril bici directo entre Santiago e Milladoiro. Na súa petición, promoveu que se teña en conta a accesibilidade e a protección do patrimonio cultural e natural da zona de Conxo.

O portavoz socialista, Gumersindo Guinarte, lembrou que a súa formación xa advertira da “desfeita” que faría a senda proxectada en zonas como o Banquete de Conxo e que agora foi descartada por informes de Patrimonio. “Agora, a Xunta o que fai é ter unha rabecha e decide castigar a Santiago e destinar os fondos que estaban previstos para esa senda a outros concellos”, indicou en declaracións aos medios este venres.

Nesta liña, instou ao Executivo autonómico e ao goberno local a “traballar e porse de acordo para recuperar o proxecto de comunicación de carril bici directo entre Milladoiro e Santiago” e, desa forma, “aproveitar eses fondos para establecer unha conexión directa”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...