InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNO alcalde de Boqueixón felicita as judokas locais polos seus éxitos e...

O alcalde de Boqueixón felicita as judokas locais polos seus éxitos e anuncia tres actividades deportivas no municipio

Lucía Munín, Lucía Pol e Irene Ferreiro foron homenaxeadas no Concello tras destacar nos campionatos galego e nacional de judo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón acolleu esta semana un acto de recoñecemento ás tres judokas da Escola Judo Club Boqueixón que veñen de acadar importantes éxitos deportivos a nivel galego e estatal. O alcalde, Ovidio Rodeiro Tato, recibiu no salón de plenos a Lucía Munín, Lucía Pol e Irene Ferreiro, a quen trasladou o parabén oficial en nome da veciñanza polos seus logros nos recentes campionatos autonómico e nacional disputados no mes de abril.

No Campionato Galego Escolar Infantil celebrado en Lugo, as tres deportistas acadaron medalla: Irene Ferreiro, de Santa María, foi subcampioa galega en menos de 48 kg; Lucía Munín, veciña de Lestedo, tamén logrou o subcampionato en menos de 40 kg; e Lucía Pol, de Sergude, conseguiu a medalla de bronce na categoría de menos de 63 kg. Estes resultados permitironlles participar no Campionato Nacional, onde Lucía Munín fixo historia ao conseguir a medalla de bronce, converténdose así na primeira deportista do municipio en lograr unha medalla nacional nunha modalidade olímpica. Pola súa parte, Lucía Pol tivo tamén unha destacada actuación, chegando aos cuartos de final e quedando a un paso do podio.

Durante a visita ao Concello, as judokas e representantes do club aproveitaron para presentar as tres actividades deportivas que se desenvolverán nas vindeiras semanas no municipio. A primeira será este sábado 24 de maio, cunha xornada especial protagonizada por Marta Arce Payne, recoñecida judoka con medallas en catro Xogos Paralímpicos e varios títulos mundiais e europeos. Arce ofrecerá unha charla no ximnasio do Forte ás 12:00 horas e, xa pola tarde, impartirá unha clase de judo adaptado a partir das 16:00 horas.

O sábado 31 de maio, o pavillón municipal do Forte acollerá o VIII Torneo de Primavera Kumi Kata, un evento aberto á participación de judokas de diferentes niveis. E o venres 6 de xuño, será a quenda dunha clase de defensa persoal na sede da Skola en Lestedo.

Estas actividades contan co apoio do Concello de Boqueixón, a Federación Galega de Judo e diversas entidades colaboradoras como Iberdrola, Invbit, Skola e NKL. A Escola Judo Club Boqueixón continúa así a súa aposta pola promoción do deporte entre a mocidade e pola visibilización do talento local no ámbito do judo.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Xunta estrea en Boqueixón un distintivo para impulsar o aproveitamento dos alimentos

A Xunta presentou este luns en Boqueixón o distintivo 'Coa comida, Galicia sen desperdicio',...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here