InicioSANTIAGORaxoi incluirá seis edificios en ruínas no Rexistro de Soares tras a...

Raxoi incluirá seis edificios en ruínas no Rexistro de Soares tras a paralización da venda doutros tres

Este anuncio chegou tras a paralización da venda forzosa de tres inmobles inscritos no Rexistro de Soares aprobada polo goberno local o pasado 10 de marzo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago anunciou que está a traballar en “as actuacións previas para incluír outro seis edificios en ruínas no Rexistro de Soares”, xa que “a folla de ruta de Raxoi –en relación co deber de conservación e rehabilitación– mantense”.

Así o trasladou o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, este xoves en declaracións aos medios previas á segunda reunión da mesa sectorial de vivenda. Este anuncio chegou tras a paralización da venda forzosa de tres inmobles inscritos no Rexistro de Soares aprobada polo goberno local o pasado 10 de marzo.

Ante isto, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín anunciou que o Concello prevé recorrer o auto porque considera que hai “elementos suficientes” para o proceso “siga adiante”.

Pola súa banda, Lestegás lembrou que o tres edificios foron declarados en ruína en 2010, sendo incluídos un ano despois no rexistro correspondente. Así, continuou, en 2013 o xulgado lle dió a razón ao Concello nesta inclusión, polo que o Partido Popular “non fixo nada” e o “expediente caducou”, deixando que os edificios seguisen abandonados.

Nesta liña, en 2024, apuntou, Raxoi declarou o incumprimento do deber de conservación e rehabilitación, o que implica a venda forzosa, segundo a Lei do Solo de Galicia. Lestegás, concluíu que os propietarios tiveron “moitos anos” para rehabilitar os edficios.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...