InicioECONOMÍAA CIG promove unha folga indefinida na recollida de lixo de Santiago

A CIG promove unha folga indefinida na recollida de lixo de Santiago

O comité insiste en que esta folga "non é unha guerra contra o Concello", ao que instou a mediar e "fiscalizar" a Urbaser como "única responsable"

Publicado o

Xornal de Compostela

O comité de empresa de Urbaser, empresa concesionaria da limpeza e recollida de lixo en Santiago, anunciou a convocatoria dunha folga indefinida a partir das 00.00 horas do sábado 24 de maio. Segundo trasladaron este venres os traballadores, nunha rolda de prensa na sede da CIG, o motivo é demandar “un convenio xusto” e de dous anos de duración, tras caducar o anterior “en decembro de 2024”.

O presidente do comité, Ricardo Méndez, denunciou que as propostas de Urbaser son “irrisorias” e pasan por “eliminar dereitos laborais básicos”, como o plus de incapacidade temporal que lle garante percibir o 100% do salario e a xubilación parcial. Ademais, solicita un incremento salarial do 5 por cento anual tras anos de “perda de poder adquisitivo” polo IPC, fronte á oferta “totalmente ridícula” do 1 por cento que propón a empresa.

Os traballadores tamén reclaman unha redución de xornada por “calidade de vida familiar, social e conciliación”. A este respecto, explicou que traballan seis días á semana, con xornadas de seis horas e media, polo que demandan reducilos a cinco días.

O presidente do comité insistiu en que esta folga “non é unha guerra contra o Concello”, ao que instou a mediar e “fiscalizar” a Urbaser como “única responsable”. Tamén chamou á cidadanía a apoiar as súas demandas porque non queren “molestar a ninguén”, senón conseguir unhas condicións laborais “dignas”.

ÚLTIMAS

Rueda celebra o 90 aniversario do Aeródromo Militar de Santiago

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este sábado na Xornada de portas abertas...

A Xunta e a USC pactan reformular o Máster en Matemáticas e retomar a súa oferta en 2026-27

A Xunta informou "favorablemente" a proposta do novo Máster en Matemáticas da Universidade de...

Atrasado o cobro da taxa turística para outubro tras a oposición da hostalaría a facelo en agosto

A taxa turística empezará a recadarse en Santiago, finalmente, a partir do 1 outubro...

O PSOE afea ao Goberno local non querer facer outro diagnóstico para a zona de vivenda tensionada

O PSdeG de Santiago afeou ao Goberno local que a súa "primeira resposta" á petición de...