InicioMOV. SOCIAISO persoal de Urbaser mobilízase ás portas de Raxoi para reclamar melloras...

O persoal de Urbaser mobilízase ás portas de Raxoi para reclamar melloras laborais antes da folga anunciada

A protesta coincidiu co inicio do pleno extraordinario e anticipa un paro indefinido a partir do 24 de maio, coincidindo coas festas da Ascensión

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A primeira hora da mañá deste venres, traballadores e traballadoras da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo de Santiago, Urbaser, concentráronse ás portas do Pazo de Raxoi para esixir un “convenio digno”. A mobilización tivo lugar xusto antes do comezo do pleno extraordinario do Concello, convocado ás 9:00 horas, e marca un novo episodio nun conflito laboral que ameaza con derivar nunha folga indefinida a partir do próximo 24 de maio, coincidindo coas festas da Ascensión.

A mobilización foi impulsada pola CIG, sindicato maioritario na empresa, que xa adiantou a súa intención de paralizar o servizo de forma indefinida se non se producen avances na negociación co concesionario. As principais reivindicacións do persoal céntranse en mellorar as condicións laborais, coa actualización salarial segundo o IPC, o dereito a dous días de descanso semanal e unha reducción da xornada que favoreza a conciliación.

Ademais, desde o comité de empresa apuntan a que os problemas operativos derivados do sistema de xestión do servizo non deberían recaer sobre a plantilla, sinalando que as deficiencias non poden ser utilizadas como argumento para non atender as súas demandas.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que manterá unha reunión co persoal de Urbaser ao longo da semana, aínda que non precisou a data. Sanmartín manifestou que o conflito é unha cuestión que preocupa ao goberno local e á veciñanza, especialmente pola súa posible incidencia na calidade dos servizos públicos durante unha das semanas con maior afluencia de visitantes e actividade na cidade.

Esta non é a primeira vez que a plantilla de Urbaser recorre á presión sindical para reclamar cambios no convenio. En ocasións anteriores, incluído o mandato do anterior executivo local, o Concello tivo que intervir para evitar o paro, asumindo un papel mediador entre empresa e traballadores. Agora, con o BNG á fronte do goberno municipal e a CIG como forza sindical maioritaria, o desenlace deste novo conflito podería ter importantes implicacións políticas e operativas.

A folga está convocada a partir das 00:00 horas do sábado 24, e o comité de empresa avanzou que ofrecerá máis detalles en rolda de prensa, que se celebrará na sede da CIG en Santiago. A posibilidade de que o servizo de recollida de lixo quede paralizado en plena Ascensión planta presión sobre Raxoi, que deberá mover ficha nos vindeiros días se quere evitar un impacto directo na limpeza e imaxe da cidade durante unha das súas festas máis emblemáticas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here