InicioPOLÍTICAO pleno municipal formaliza a expulsión dos catro edís díscolos do grupo...

O pleno municipal formaliza a expulsión dos catro edís díscolos do grupo socialista

Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Mila Castro e Marta Álvarez pasan ao grupo de non adscritos e critican a decisión como un ataque ao mandato representativo

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O Concello de Santiago oficializou hoxe nun pleno extraordinaro que deu comezo ás 9:00 horas o paso ao grupo dos non adscritos dos catro edís expulsados do PSdeG: Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Mila Castro e Marta Álvarez. A medida implica tamén unha reestruturación das comisións municipais, así como a limitación da participación destes representantes noutros órganos da corporación.

Durante a sesión, o concelleiro Gonzalo Muíños pediu a palabra para criticar con dureza o procedemento seguido polo partido e as consecuencias políticas da súa expulsión. “Expúlsasenos dun partido, pero tamén se abre a porta a que se nos exclúa de 25 órganos de representación e participación política”, asegurou. Segundo explicou, os catro edís manterán a súa presenza nas catro comisións municipais principais, aínda que cun voto ponderado conforme á súa representatividade, pero non terán acceso ao resto de estruturas colexiadas do Concello.

Muíños sostivo que a decisión responde a unha estratexia do PSdeG para limitar a súa acción institucional e acusou ao partido de “autocratismo político”. Tamén puxo en cuestión que os órganos internos dunha formación política poidan alterar a representación escollida pola cidadanía: “Non se pode substituír a vontade das urnas pola vontade dun partido”, afirmou no seu discurso, que prolongou durante máis de seis minutos.

A reconfiguración das comisións de traballo, segundo se recolleu no informe levado a pleno, implicará que as catro persoas non adscritas manteñan participación en áreas como Urbanismo, Área Social ou Presidencia, mais sen presenza noutras entidades como consellos sectoriais ou organismos de participación veciñal.

A intervención de Muíños foi a única voz dos edís afectados durante a sesión, mentres que desde o grupo municipal socialista destacouse que a medida responde ao cumprimento estrito das normas internas e dos procedementos establecidos. “Trátase de aplicar as normas, nada máis”, apuntaron desde a bancada socialista ao peche do debate.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O PSdeG reclama definir o destino dos ingresos da taxa turística no orzamento municipal de 2026

O Grupo Municipal Socialista en Santiago trasladará ao pleno deste mes de abril a...

O Goberno local atribúe a problemas técnicos o atraso nas bolsas de comedor

O Goberno local de Santiago respondeu ás críticas formuladas polo Partido Popular sobre o...

O PP denuncia cinco meses de atrasos nos pagamentos das bolsas de comedor e actividades en Santiago

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, Borja Rubio, denunciou este martes en rolda...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here