InicioSANTIAGOSantiago sortea vivendas públicas o 16 de maio: tres pisos para menores...

Santiago sortea vivendas públicas o 16 de maio: tres pisos para menores de 36 anos en Belvís

Unha vez realizado o sorteo, a lista provisional de adxudicatarios publicaranse nos taboleiros de anuncios do Concello e do IGVS así como na páxina web deste organismo

Publicado o

Xornal de Compostela

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), iniciou este mércores o procedemento para a adxudicación de tres vivendas de promoción pública (VPP) en aluguer accesible para menores de 36 anos, situados en Belvís, en Santiago de Compostela.

O sorteo público terá lugar o próximo 16 de maio, de forma que este tres pisos súmanse aos outros 60 que a Xunta xa anunciara, o que fará un total de 63.

Segundo trasladou o Goberno galego, poderán participar nel entre os demandantes inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, para o concello de Santiago como municipio preferente, e que presenten uns ingresos por unidade familiar entre 1 e 3,5 veces o IPREM. Os contratos de aluguer terán unha vixencia inicial de 7 anos, e poderán ser prorrogados.

Unha vez realizado o sorteo, a lista provisional de adxudicatarios publicaranse nos taboleiros de anuncios do Concello e do IGVS así como na páxina web deste organismo. Así mesmo, a continuación abrirase un prazo de 10 días para a presentación de posibles reclamacións.

63 VIVENDAS A SORTEO O 16 DE MAIO

Ademais destes 3 fogares en Belvís, o 16 de maio tamén serán sorteadas ante notario as vivendas do inmoble de promoción pública de nova construción situado na rúa Castiñeiriño 81, con 24 vivendas, das que 9 serán destinadas a aluguer a menores de 36 anos.

Así mesmo, adxudicaranse as do novo edificio na rúa Virxe Branca s/n (Lamas de Abade) de 24 fogares, dos que 9 serán destinados a aluguer a menores de 36 anos. Por último, tamén serán sorteadas 12 vivendas no edificio na rúa Constantino Limia Nogueira s/n (Lamas de Abade), das que 5 serán destinadas a aluguer a menores de 36 anos.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Santiago deberá acudir ao fondo estatal de pago a provedores con 7,79 millóns de euros financiables

O Concello de Santiago de Compostela terá que participar de maneira obrigatoria no fondo...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...