InicioSOCIEDADEA conselleira de Vivenda lanza un dardo ao Concello de Santiago e...

A conselleira de Vivenda lanza un dardo ao Concello de Santiago e rexeita o intervencionismo e gravación de vivendas baleiras

Avanza que, a espera de recibir documentación, "todos os indicios" apunta a que A Coruña será declarada como zona tensionada, e asegura que por parte de Santiago non hai "ningunha solicitude formalmente"

Publicado o

Xornal de Compostela

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asegurou que a Xunta “está en contra do intervencionismo, prohibición e a gravación” a vivendas baleiras. “Nós estamos en contra do intervencionismo, prohibición e gravación. Agora ben, todas as medidas que sexa postas por parte das administracións, tanto Xunta como concellos, para paliar este problema son benvidas”, apuntou nunha entrevista na Cadena Ser recollida por Europa Press.

Todo iso, despois de que o Concello de Santiago anunciase, este venres, un gravame fiscal ás vivendas baleiras con carácter permanente –que pode ser de entre un 50 % e un 150–. Neste sentido, Allegue fixo referencia ás diferentes liñas de axudas da Xunta en materia de vivenda e tamén apostou por incentivar a construción de vivenda pública. A conselleira tamén se mostrou crítica coa Lei estatal de vivenda e, neste sentido, foi cuestionada sobre o teléfono que a Xunta habilitou para consultas de cidadáns.

Neste sentido, asegurou que as chamadas “son moi diversas” e “non son só por problemas de ocupación de lanzamento, senón por problemas vinculados”. Só un 3 % das chamadas realizadas durante 2024 foron en relación con ocupacións. Con todo, a conselleira incidiu en que aínda que as chamadas “non son moitas, non significa que non exista un problema real”. Con esa ferramenta os cidadáns poden contactar directamente co Colexio de Avogados de Galicia.

DECLARACIÓN DA CORUÑA COMO TENSIONADA

Preguntada sobre a declaración da cidade da Coruña como zona residencial tensionada, a conselleira apuntou que “todos os indicios apuntan a que é posible que se declare como tensionada”. Con todo, explicou que a Xunta “está á espera” de que o Concello da Coruña presente diferentes documentos e, axiña que os reciban, os técnicos do IGVS traballarán para declarar a zona como tensionada ou non. “Se o Concello presenta documentación, pola nosa banda, os técnicos poranse a traballar para tramitar a resolución canto antes”, asegurou Allegue. Así mesmo, preguntada sobre se o Executivo autonómico recibiu algún tipo de petición deste tipo polo Concello de Santiago, a conselleira asegurou que “non recibiron ningunha solicitude formalmente”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...