InicioSANTIAGORaxoi anuncia que xa "exerce as súas competencias urbanísticas" e insta á...

Raxoi anuncia que xa “exerce as súas competencias urbanísticas” e insta á Xunta a facer o propio

O concelleiro de Urbanismo do Concello de Santiago, Iago Lestegás, sinalou que o Goberno galego "coñece a normativa urbanística de Santiago de Compostela", polo que, aínda que o consistorio "non ten que facerlle o traballo á Xunta, estallo facendo; tamén no relativo aos pisos turísticos"

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Urbanismo do Concello de Santiago, Iago Lestegás, afeou, en resposta a declaracións de Diego Calvo sobre as Vivendas de Uso Turístico (VUT), que a administración local xa “exerce as súas competencias urbanísticas” e “non pode exercer ademais as da Xunta de Galicia en materia de ordenación de turismo”.

Durante o pleno do Parlamento de Galicia celebrado esta semana, a deputada do BNG Alexandra Fernández remarcou que o Concello remitiu unha listaxe á Xunta cos 66 pisos turísticos en regra para funcionar e denunciou unha “fuxida cara a adiante” do Goberno galego ao pedir “unha sentenza xudicial” de caso por caso”.

En resposta a estas acusacións, o conselleiro de Presidencia espetou a Fernández: “Dígalle aos seus compañeiros de Santiago que fagan o seu traballo” e que “digan que pisos son e cales son as causas” para que non poidan estar operativos. Por outra banda, certificou que este ano se deron de baixa 134 pisos, aínda que segundo datos do Concello segue habendo 690 inscritas.

Preguntado por estas declaracións este venres en rolda de prensa, Lestegás insistiu en que a posición da corporación municipal “é a de sempre”. “O que non pode pretender a Xunta é que os concellos comprobemos se o que inscribe cumpre ou non a normativa. Non me parece normal que unha administración teña que verificar se o que outra administración incorpora ao rexistro cumpre ou non a normativa”, criticou.

O edil sinalou que o Goberno galego “coñece a normativa urbanística de Santiago de Compostela”, polo que, aínda que o consistorio “non ten que facerlle o traballo á Xunta, estallo facendo; tamén no relativo aos pisos turísticos”.

Neste sentido, remarcou que o municipio notifica “individualmente” todas as resolucións que dita en procedementos de reposición da legalidade urbanística e de declaración de ineficacias de comunicacións previas. “Notifícanse e [a Xunta] está como interesada nos expedientes”, defendeu o concelleiro.

“Entón, temos que facelo? Non, non o temos que facer. Facémolo? Estamos a facelo porque para nós si que é importante que as vivendas estean a disposición das persoas que necesitan vivir nestas cidades”, concluíu Lestegás.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...