InicioDEPORTESCobre San Rafael, a empresa propietaria da Mina de Touro, volverá ser...

Cobre San Rafael, a empresa propietaria da Mina de Touro, volverá ser patrocinadora da SD Compostela durante dous anos máis

O acordo entre o club e a empresa propietaria da mina de Touro incluirá o apoio aos equipos de base e ao primeiro equipo, ademais de patrocinar os Campus Xacobeos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Sociedad Deportiva Compostela (SD Compostela) e a empresa Cobre San Rafael, propietaria da mina de Touro, seguirán reforzando a súa relación durante as dúas próximas tempadas ao renovar e ampliar o seu acordo de patrocinio. Esta alianza, que xa se mantén desde hai varias tempadas, segundo aseguran dende o clube deportivo, “permitirá consolidar o apoio de Cobre San Rafael á Canteira Picheleira“, así como ao Juvenil A de División de Honor, que competirá por quinta tempada consecutiva na máxima categoría nacional.

Ademais de continuar co seu patrocinio aos equipos de base, Cobre San Rafael asume un novo rol, pasando a ser o patrocinador principal do equipo Juvenil A. Este compromiso tamén inclúe a continuidade do patrocinio dos Campus Xacobeos, tanto nas edicións de verán como nas de inverno. Do mesmo xeito, a empresa seguirá sendo un dos patrocinadores principais do primeiro equipo do Compos.

A SD Compostela quixo agradecer á empresa a súa confianza no proxecto do club, así como o seu apoio ao desenvolvemento do deporte base e o fútbol sénior en Santiago e a súa comarca. A renovación deste acordo subliña o compromiso de ambos cos valores do esforzo, a humildade e a superación, e reforza o obxectivo común de formar xogadores e persoas nun ambiente de traballo en equipo e mellora continua.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here