InicioCULTURASantiago inaugura a súa Feira do Libro con máis de 70 actividades...

Santiago inaugura a súa Feira do Libro con máis de 70 actividades e encontros literarios

A cita estará aberta ata o 11 de maio con propostas para todos os públicos e a participación de escritores galegos e estatais

Publicado o

Xornal de Compostela

Este sábado deu comezo na Alameda de Santiago a Feira do Libro de Santiago, que estará aberta ao público ata o próximo 11 de maio. A cita literaria, que contará con máis de 70 actividades para todas as idades, reúne a unha vintena de librarías e editoriais, e presenta unha programación que abarca contacontos, talleres creativos, presentacións de libros e encontros con autores de renome. Entre os escritores que participarán destacan Arantxa Portabales, Isabel Branco, María Lapido, Neves Rodríguez ou Alba Cid, entre outros.

A feira destaca tamén pola súa oferta de actividades singulares, como a ruta sobre o Diario de Ruth Matilda Anderson, un taller de escritura braille ou o concurso ‘Canto sabes de novelas?’. A Federación de Librarías de Galicia resaltou a variedade e a accesibilidade das propostas, que inclúen tamén espectáculos infantís como ‘Vos xogos do Paporrubio’, e contacontos como ‘Onde está Otti?’ ou ‘Bim, bam, bum’ con Paco Nogueiras.

No acto inaugural, Patricia Porto, tesoureira da Federación de Librarías de Galicia, subliñou a importancia da feira para o sector literario, destacando que estas citas se están convertendo nun “escape perfecto para atraer lectores”. O conselleiro de Cultura, José López Campos, tamén se referiu á relevancia da feira, celebrando que o 96,7% dos galegos maiores de 14 anos le en calquera formato polo menos unha vez ao trimestre.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, tamén destacou a función das librarías como espazos clave na sociedade, non só para a venda de libros senón como lugares de encontro e reflexión. “As librarías son fundamentais na nosa cidade, porque permiten aos veciños desconectar, pensar e reflexionar”, asegurou a rexedora.

O pregón inaugural correu a cargo de Lola Porta, propietaria da Libraría Aenea, que falou sobre a lectura como “un exercicio de resistencia e militancia”, chamando á unión do sector literario para “manter vivo o mundo do libro”.

A Feira do Libro de Santiago permanecerá aberta en horario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 horas, e xa se considera un referente literario para a cidade e para Galicia. Este evento é a segunda das 13 citas literarias que se celebrarán en Galicia durante este ano, pasando tamén por cidades como Lugo, Ourense, Vigo e A Coruña, entre outras.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...