InicioMOV. SOCIAISO Concello lanza unha nova convocatoria de bonotaxis para mellorar a mobilidade...

O Concello lanza unha nova convocatoria de bonotaxis para mellorar a mobilidade de maiores e persoas con discapacidade

As axudas, que oscilarán entre 150 e 350 euros, estarán dispoñibles para os residentes empadroados en Santiago que se atopen en situacións específicas de mobilidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago anunciou unha nova convocatoria de bonotaxis para mellorar a mobilidade das persoas maiores e con discapacidade. A iniciativa, que terá un orzamento de 15.000 euros, ofrece axudas que oscilarán entre os 150 e 350 euros por persoa, dependendo da súa renda. A convocatoria será publicada en breve no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e as persoas interesadas poderán solicitala nas próximas semanas.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, subliñou que o obxectivo desta axuda é “evitar ou compensar as desvantaxes das persoas con discapacidade ou maiores, especialmente aquelas que residen no rural, para que poidan participar plenamente na comunidade e acceder aos mesmos lugares, bens e servizos que están dispoñibles para os veciños”.

As persoas que poderán beneficiarse deste programa son aquelas que residan en Santiago e que se atopen en calquera dos seguintes supostos: ter unha discapacidade que dificulte gravemente a súa mobilidade, imposibilitándolles utilizar o transporte colectivo; sufrir discapacidade visual con limitacións na actividade superior ao 75%; estar sometidas a tratamentos médicos xornais en hospitais da cidade e ter dificultades para conducir ou utilizar o transporte público; ter unha discapacidade e residir no rural; ou, no caso dos veciños do rural, non poder conducir por motivos médicos acreditados mediante informe.

A concelleira Rozas tamén destacou que a iniciativa se dirixe a facilitar a mobilidade de colectivos especialmente vulnerables, garantindo que poidan acceder aos mesmos servizos e oportunidades que os demais cidadáns, independentemente das súas limitacións de mobilidade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...