InicioSOCIEDADEO Camiño de Santiago chega a Xangai da man do Instituto Cervantes

O Camiño de Santiago chega a Xangai da man do Instituto Cervantes

Unha instalación interactiva achegará aos chineses a historia e as rutas xacobeas no corazón turístico da cidade.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Instituto de Cervantes de Xangai achegará ao mercado chinés co Camiño de Santiago a través dunha instalación con paneis informativos e materiais lúdicos sobre as rutas xacobeas. A estrutura localizarase no exterior da sede do Instituto Cervantes, situada na rúa Anfu no distrito Xuhui, “unha das principais arterias comerciais e turísticas da cidade”.

Deste xeito, calquera persoa poderá visitar a ‘caseta’, que conta con imaxes dos principais fitos do Camiño, así como indicacións, mapas e contidos para profundar na historia e no peso actual dos itinerarios xacobeos.

En concreto, a Xunta explicou nunha nota de prensa que esta acción é o resultado da colaboración entre Turismo de Galicia e Turespaña, unha colaboración a través da cal esta cidade chinesa acollerá a ITB China Xangai 2025, que se desenvolverá entre os días 27 e 29 de maio.

Con todo, incidiu en que o peso de visitantes de fóra de España no Camiño de Santiago está a experimentar un auxe nos últimos anos. Por exemplo, en 2024, un 58% das 499.241 persoas que recolleron a ‘Compostela’ eran estranxeiras, unha tendencia que se mantén no que vai de 2025, xa que o 55% de visitantes chegaron de fóra de España.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...