InicioSOCIEDADESantiago recibirá 290.000 euros de fondos europeos para mellorar a xestión de...

Santiago recibirá 290.000 euros de fondos europeos para mellorar a xestión de residuos

O Concello achegará o 30% do investimento e ampliará o uso do colector marrón a máis de 20.000 fogares.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago informou este sábado de que resultou beneficiario dunha axuda de case 290.000 euros de fondos europeos ‘Next Generation‘, xestionados pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e polo Ministerio de Transición Ecolóxica, á que desde o Consistorio tamén se achegará ao redor dun 30%.

Coa liña 1 destas axudas poderá atenderse a actuacións como o servizo de información e control que ven de pór en marcha estes días con medios propios para dar a coñecer as boas prácticas na xestión e separación do lixo.

Con esta mesma axuda, o Concello tamén poderá estender os cartóns de apertura dos colectores marróns a máis de 20.000 fogares. Este proxecto vai relacionado coa nova ordenanza que tramita o Concello e encádrase no obxectivo do goberno local de poder levar a todas as vivendas os cartóns para facer uso do colector marrón.

Para o rural, o Concello conta coa liña 2, que permitirá ampliar os mais de 1.700 composteros que hai nas vivendas e tamén seguir mellorando a xestión das illas de compostaxe. O goberno local reivindicou que Santiago foi unha das primeiras cidades en implantar o quinto colector en 2022.

REDUCIR O CUSTO DO TRATAMENTO DO LIXO

O concelleiro de Sustentabilidade e Servizos Básicos, Xesús Domínguez, defendeu que o goberno seguirá apostando pola redución das toneladas de lixo que non se separa e que chega mesturada a Sogama, xa que o tratamento de cada tonelada incrementarase ata os 108 euros. “Temos que ser capaces entre todos de separar o lixo para reducir o custo do seu tratamento”, apelou.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Santiago deberá acudir ao fondo estatal de pago a provedores con 7,79 millóns de euros financiables

O Concello de Santiago de Compostela terá que participar de maneira obrigatoria no fondo...

O turismo que enche Santiago non vén do Camiño: o 77 % dos visitantes non son peregrinos

O 77 % dos turistas que visitan Santiago non son peregrinos, fan un gasto...

María Rozas destaca o labor da Plataforma polo Emprego na inserción laboral de persoas en risco de exclusión

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participou...