InicioSANTIAGOAMESAmes promove un novo encontro literario con Carlos Moreno Lugrís

Ames promove un novo encontro literario con Carlos Moreno Lugrís

A presentación da novela 'Cuarto vértice' terá lugar este mércores no Pazo da Peregrina, dentro do programa municipal polo Mes do Libro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través do servizo de Bibliotecas Municipais, acollerá este mércores 23 de abril unha nova sesión do ciclo Encontros Literarios, centrado nesta ocasión na presentación da novela Cuarto vértice, escrita polo autor Carlos Moreno Lugrís e publicada por Hércules de Edicións. A actividade desenvolverase no Pazo da Peregrina, a partir das 20:00 horas, e contará tamén coa participación da escritora Encarna Otero. A entrada será libre ata completar aforo.

O evento enmárcase nas iniciativas culturais do Mes do Libro, co obxectivo de promover a literatura galega e dar visibilidade a autores contemporáneos, especialmente aqueles vencellados co contorno de Ames ou con obras escritas na lingua propia. Neste sentido, o programa dos Encontros Literarios ten consolidado nos últimos anos un espazo de intercambio entre lectores e escritores.

Cuarto vértice é a segunda novela publicada por Carlos Moreno Lugrís, natural de Lugo e profesional da medicina, quen compaxina a súa actividade sanitaria coa escrita. A obra establece un diálogo ficticio entre dúas mulleres con realidades moi distintas: Maruja Mallo, pintora vangardista e figura destacada das xeracións artísticas do século XX, e Marina Méndez, unha personaxe ficticia que relata a súa experiencia persoal atravesada por situacións de acoso institucional durante o franquismo.

A través dun formato narrativo que mestura autobiografía e ficción, o autor traza paralelismos vitais e ideolóxicos entre ambas protagonistas, unidas polas súas iniciais (M.M.) e por unha historia de loita e resistencia. A novela busca recuperar e reivindicar o papel de Maruja Mallo, situándoa como o ‘cuarto vértice’ do grupo de creadores da súa época, xunto a Federico García Lorca, Luis Buñuel e Salvador Dalí.

Desde o Concello, salientan que esta actividade forma parte dunha estratexia cultural que busca achegar a lectura á veciñanza e visibilizar a diversidade das voces que escriben en galego. O encontro coa obra de Moreno Lugrís será tamén unha oportunidade para afondar na memoria histórica, a creación artística e o papel das mulleres na cultura, e ofrecerá espazo para o debate arredor destes temas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here