InicioDEPORTESCase 200 persoas con discapacidade intelectual participan este sábado nos Special Olympics...

Case 200 persoas con discapacidade intelectual participan este sábado nos Special Olympics Galicia

As dúas provincias con máis participación nas competicións son Lugo e Pontevedra, con 72 atletas, seguidas por Ourense, con 66, e finalmente A Coruña, coa cifra máis baixa, 33. A programación da xornada deportiva, de entrada gratuíta, xa está dispoñible na web da asociación.

Publicado o

Xornal de Compostela

Un total de 194 persoas con discapacidade intelectual participará este sábado na edición número 25 dos Special Olympics Galicia, que se celebrarán no estadio de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O Concello de Santiago presentou este martes o programa da xornada deportiva, que reunirá a máis de 200 persoas entre atletas, adestradores, voluntarios e integrantes da organización e inaugurarase ás 10.45 da mañá, co inicio das competicións ás 12.00 horas.

Nesta liña, a concelleira de deportes, Pilar Lueiro, explicou que esta actividade contribúe a aumentar a autoestima, a superación, as relacións sociais e a plena integración das persoas con discapacidade intelectual, ademais de fomentar uns hábitos de vida saudables. Tal e como explicou o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, o evento contará coas probas clásicas do atletismo, adaptadas a distintos niveis de dificultade, do 1, con “maior nivel” entre os atletas, ao 4, coa finalidade de demostrar, asegurou, as posibilidades que teñen estas persoas de participar igual que calquera outra.

Así mesmo, apuntou que as dúas provincias con máis participación nas competicións son Lugo e Pontevedra, con 72 atletas, seguidas por Ourense, con 66, e finalmente A Coruña, coa cifra máis baixa, 33. Tamén Fernández aproveitou para desexar sorte aos participantes e subliñou a importancia do esforzo porque, aínda que “chegar primeiro nun nivel é importantísimo, quen chegou de último se cadra ten tanto mérito como o primeiro”.

Por iso, o presidente da organización advertiu aos participantes de que non compitan nun nivel por baixo das súas capacidades para ter máis posibilidades de gañar. Segundo puntualizou, “é motivo de descualificación” porque “todos deben de ter as mesmas oportunidades de gañar e de perder”. A programación da xornada deportiva, de entrada gratuíta, xa está dispoñible na web da asociación.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...