InicioPOLÍTICAO PSOE critica a xestión dos almorzos no servizo de madrugadores por...

O PSOE critica a xestión dos almorzos no servizo de madrugadores por deixar nenos sen comer

Marta Abal insta ao goberno local a aplicar os pregos con flexibilidade para garantir o dereito á alimentación do alumnado

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira socialista Marta Abal denunciou publicamente este martes a situación do servizo municipal de madrugadores, logo de que o Concello de Santiago introducise cambios na forma de proporcionar os almorzos ao alumnado, eliminando a posibilidade de ofrecer alternativas ao menú establecido.

Segundo explicou Abal, tradicionalmente ofrecíase unha variedade de opcións ao longo da semana, incluíndo pezas de froita como alternativa aos postres, sen que iso supuxese un aumento no custe nin para a administración nin para a empresa concesionaria. A socialista criticou que, co novo criterio aplicado polo goberno local, se impón un cumprimento estrito dos pregos do contrato, o que está a provocar que nenos e nenas abandonen o servizo sen almorzar cando non lles gusta o prato ofertado.

“O menú é saudable e está ben pensado”, recoñeceu Abal, “pero non pode ser escusa para que menores vaian ao colexio sen comer. Iso é unha medida antipedagóxica e absurda”, asegurou. A edil socialista subliñou que o Concello ten a potestade legal de modificar o menú sempre que se respecte o equilibrio nutricional, segundo recollen os propios pregos do contrato.

Neste sentido, criticou que a resposta do goberno municipal sexa simplemente ‘cumprir os pregos’, sen atender ao impacto real que esa decisión ten sobre a saúde e o benestar do alumnado. “Resulta inaceptable que se estea a utilizar esa facultade como escusa para non dar resposta ás queixas das familias”, afirmou Abal.

Para o grupo municipal socialista, esta situación afecta negativamente aos dereitos dos menores e pon en cuestión o modelo de atención educativa do Concello. Por iso, a concelleira reclamou á responsable municipal de educación que “actúe con cordura e sentido común” e modifique de inmediato a xestión do servizo para evitar que haxa menores que queden sen almorzar nas aulas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here