InicioSANTIAGOBRIÓNO Club de Patinaxe Artística Brión logra dúas posicións destacadas no Campionato...

O Club de Patinaxe Artística Brión logra dúas posicións destacadas no Campionato de España

O Club de Patinaxe Artística Brión logra dúas posicións destacadas no Campionato de España

Publicado o

Xornal de Compostela

O Club de Patinaxe Artística Brión, con sede no concello de Brión, participou o pasado sábado 12 de abril no Campionato de España, celebrado na localidade catalana de Reus, acadando resultados destacados fronte aos mellores conxuntos do panorama nacional.

O club brionés acudiu á cita estatal con dúas formacións: o Grupo de Show Pequeño, que presentou a coreografía Memento Mori e conseguiu un 6º posto entre 22 equipos participantes; e o Cuarteto Sénior, que interpretou Letal e alcanzou a 9ª posición nunha categoría con 21 grupos. Ambas actuacións foron valoradas polos xuíces entre grupos que inclúen aos actuais campións e subcampións de Europa e do mundo, o que dá mostra da relevancia da competición.

As doce patinadoras do club —Icía, Paula A., Antía, Yaisa, Leire, Flavia, Paula M., Carla, Greta, Alba, Zaira e Marta— valoraron de maneira moi positiva a súa participación, tanto polo nivel competitivo como pola experiencia vivida. Agora, tras o seu regreso a Galicia, comezan xa os adestramentos coa vista posta na súa próxima cita: a Copa de España, que se celebrará os días 25 e 26 de abril en Alcoy (Alacant).

O equipo técnico, formado por Natis e Andrea, destacou o compromiso e evolución das súas patinadoras ao longo das últimas tempadas. “É un orgullo poder competir por terceiro ano consecutivo tanto no Campionato como na Copa de España”, manifestaron.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

O Concello de Brión organiza un obradoiro de primeiros auxilios na infancia

O Concello de Brión, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, impulsa...

Os Reis Magos percorren a parte alta de Brión e visitan a residencia de maiores e o Concilia Nadal

Os Reis Magos de Oriente visitaron durante a mañá deste día as parroquias da...

Brión acende o Nadal cunha feira de artesanía, obradoiros e magosto popular este venres

A tarde de mañá venres marcará o inicio oficial do Nadal en Brión, que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here