InicioPOLÍTICAO PP pide crear un itinerario accesible na Alameda para persoas con...

O PP pide crear un itinerario accesible na Alameda para persoas con discapacidade

A proposta céntrase en garantir a autonomía e participación de toda a cidadanía nos espazos verdes

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular de Santiago, María Baleato, presentou esta semana unha proposta para implantar un itinerario accesible no parque da Alameda, co obxectivo de eliminar barreiras e facilitar o acceso aos espazos verdes da cidade a persoas con discapacidade física, sensorial ou intelectual.

A edil sinalou que os parques, xardíns e zonas verdes son lugares fundamentais de socialización, lecer e encontro, e subliñou que “os nosos espazos públicos deben estar preparados para ser usados de forma autónoma por todos os cidadáns, sen excepcións”.

Segundo Baleato, algúns concellos xa contan con percorridos sinalizados adaptados para persoas con mobilidade reducida ou con discapacidade visual, o que permite unha experiencia máis inclusiva: “Estas zonas de lecer, malia seren pensadas como lugares de descanso e convivencia, presentan a miúdo obstáculos físicos que impiden a súa utilización plena a unha parte da poboación”.

A concelleira considera que esta realidade supón unha limitación de dereitos fundamentais, como o acceso á cultura, ao deporte ou ao ocio, e compromete a liberdade de movemento e elección de moitas persoas. “Un parque debería ser, ante todo, un espazo aberto a todos. Cando non o é, pérdese parte do seu sentido social”, asegurou.

Dende o grupo municipal popular proponse que o proxecto comece pola Alameda, por tratarse dun lugar emblemático, tanto pola súa localización no corazón histórico de Santiago como pola súa alta frecuentación por parte de residentes e visitantes. “Santiago pode percorrerse a pé polos seus parques, pero debemos avanzar moito máis na planificación dunha cidade verdadeiramente accesible”, remarcou.

A iniciativa forma parte dun chamamento máis amplo a repensar o urbanismo compostelán desde unha perspectiva inclusiva, que permita a todas as persoas gozar dos espazos comúns en igualdade de condicións. O PP local convida ao goberno municipal a ter en conta esta proposta e iniciar un estudo técnico que avalíe as necesidades de adaptación da Alameda e doutros espazos naturais da cidade.

A proposta está pendente de ser debatida nos órganos municipais competentes, e súmase ás demandas recorrentes de colectivos de persoas con discapacidade e entidades sociais que reclaman medidas concretas para avanzar na accesibilidade universal en Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

UCIN Galicia inicia unha ronda de contactos en Santiago e prepara unha mobilización cidadá

UCIN Galicia abriu en Compostela un proceso de encontros con colectivos da cidade co...

O BNG pide no Parlamento profesores especialistas para o CEIP Monte dos Postes

O BNG reclamou á Consellería de Educación máis profesorado especialista no CEIP Monte dos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here