InicioPOLÍTICAO Goberno local anuncia novas obras tras a reapertura do Pombal

O Goberno local anuncia novas obras tras a reapertura do Pombal

A Xunta de Goberno aprobou tamén actuacións en firmes asfálticos e a cuberta do polideportivo do Restollal, así como as datas do Banquete de Conxo

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou unha serie de actuacións urbanísticas e culturais tras confirmar a reapertura da rúa do Pombal, que se produciu hoxe tralo remate das obras cun orzamento superior aos 760.000 euros. A reforma, segundo explicou a tenente de alcaldesa María Rozas, completouse dentro do prazo previsto, cunha duración total de oito meses e dous días, e supuxo unha transformación integral da accesibilidade e das instalacións da vía.

A apertura tivo lugar despois do acto formal de recepción celebrado o venres pasado, aínda que queda pendente unha pequena intervención na parte superior da rúa, relacionada cun rebaixe da beirarrúa, que non se puido acometer por cuestións de pluviais. Esta actuación engadida levarase a cabo unha vez se interveña na rúa adxacente, San Clemente, para garantir a correcta drenaxe da zona.

REXEITAMENTO DE SOLICITUDES DE REHABILITACIÓN

En paralelo, a Xunta de Goberno rexeitou dúas solicitudes de licenza para rehabilitacións en inmobles da zona vella: un na rúa dos Loureiros, 14, e outro na rúa de San Roque, 23. Ambos edificios están incluídos no procedemento de venda forzosa aprobado o pasado mes de marzo, tras constatarse o seu estado de ruína desde 2010 e o incumprimento do deber de conservación.

No caso da rúa dos Loureiros, o proxecto foi denegado por infraccións do Plan Especial da Cidade Histórica, como a incorporación de galerías non autorizadas, escaleiras fóra de tipoloxía, problemas de iluminación e dimensións nas vivendas. O informe técnico considera ademais incompleta a documentación presentada.

Pola súa banda, o proxecto de San Roque foi rexeitado por pretender ampliacións sobre parcelas protexidas, eliminar elementos catalogados como chemineas ou portas, e propoñer dúas galerías que non cumpren os criterios establecidos no plan urbanístico da zona histórica.

OBRAS DE REHABILITACIÓN

O Goberno local tamén deu luz verde á contratación das obras de rehabilitación de firmes asfálticos en oito rúas que presentan un estado deficiente, cun orzamento base de 460.004 euros e un prazo de execución de catro meses. As intervencións realizaranse nas rúas do Castiñeiriño, das Canteiras, da Moa, Porto de Amio, da Mariñeira, das Mulas, do Tambre e dos Irmandiños.

Outro contrato aprobado foi o da reparación da cuberta do polideportivo do Restollal, construído en 1991, e que presenta filtracións e deterioro estructural. Esta intervención, cun orzamento de 73.387 euros, será executada en dous meses e está previsto que se desenvolva no verán de 2025.

Finalmente, Rozas anunciou a publicación das bases para participar no Mercado do Libro, que se celebrará os días 24 e 25 de maio na Praza de Aurelio Aguirre, no marco do Banquete de Conxo, evento que confirma así as súas datas para este ano. O prazo para inscribirse no mercado estará aberto ata o 5 de maio e terán preferencia as entidades con sede en Santiago.

A concelleira tamén destacou os datos de turismo rexistrados en xaneiro e febreiro, cun incremento do 2,2% respecto ao ano anterior, como mostra da liña positiva cara á desestacionalización. En canto ás posibles mobilizacións laborais en servizos municipais, Rozas indicou que o Concello respecta as demandas do persoal e está disposto a mediar, aínda que lembrou que moitas destas cuestións son competencia directa das empresas concesionarias.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here