InicioSOCIEDADEA Intermodal estará operativa ao longo do mes de maio

A Intermodal estará operativa ao longo do mes de maio

Respecto ao aparcadoiro, está pendente a aprobación da modificación do proxecto para alcanzar as 900 prazas e, en canto se aprobe, levarase a cabo a obra coa previsión de que estea en funcionamento no verán de 2026

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Santiago, Gumersindo Guinarte, acompañado polo secretario xeral do PSdeG-Santiago, Aitor Bouza, anunciou este sábado que o novo proxecto da Intermodal de Compostela estará operativo ao longo do mes de maio, aínda que estiman que a inauguración da terminal sexa despois de Semana Santa.

Respecto ao aparcadoiro, lembrou que está pendente a aprobación da modificación do proxecto para alcanzar as 900 prazas e subliñou que, en canto se aprobe, levarase a cabo a obra coa previsión de que estea en funcionamento no verán de 2026. “Por tanto, teremos a estación funcionando para este verán e o aparcadoiro para o verán próximo. É unha obra moi importante para Santiago porque é a estación de tren de Galicia que máis viaxeiros move e na que máis viaxeiros baixan e soben. E, por tanto, creo que Santiago merece esta obra”, recalcou Guinarte.

Ademais, lembrou que esta levará o nome de Castelao, como o solicitou por unanimidade o Pleno da Corporación Municipal, e sinalou que máis adiante haberá unha exposición itinerante sobre Castelao e outra permanente con figuras metálicas sobre o intelectual e a súa obra. Pola súa banda, Bouza recalcou que a formación leva “moitos meses traballando en todas aquelas cuestións que, desde as diferentes administracións nas que o PSOE ten representación, afectan á cidade”. Por iso, incidiu en que “esta cuestión non é menor, senón que é un fito dentro da propia mobilidade en termos globais, pero tamén para a cidade”.

ENFRONTAMENTO NO PLENO

Por outra banda, o portavoz do Grupo Municipal Socialista de Santiago criticou o enfrontamento que tivo lugar este venres durante o pleno municipal entre o concelleiro expulsado do PSOE e aínda portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Muíños e o líder do PP local, Borja Verea, e aseverou que “ese non é o espazo para celebrar debates que achegan moi pouco ao que lles interesa aos cidadáns”. “Non achega nada á resolución de problemas centrarse en cuestións que parece que teñen que ver máis co que lles preocupa a quen están alí sentados no canto do que lles preocupa aos cidadáns”, esgrimiu ante as preguntas dos medios.

En concreto, Muíños deslizou que os populares contactaran con edís do seu grupo para sondar a posibilidade dunha moción de censura contra o goberno do BNG e Compostela Aberta. Ante estas palabras Borja Verea sostivo que el “non quere o voto de catro persoas que teñen a fiabilidade polos chans”, senón que aspira á “maioría absoluta” nas municipais de 2027. Ademais, subliñou que se algunha persoa da súa contorna pediu o apoio dos concelleiros para a moción de censura “non tiña autorización”. Con todo, o enfrontamento tivo lugar durante o debate dun recoñecemento extraxudicial de crédito para facer fronte a gastos de combustible e peaxes que saíu adiante co voto a favor do Grupo Socialista.

ÚLTIMAS

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

O Tacgal rexeita o recurso contra a adxudicación do novo contrato do transporte urbano de Santiago

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL) desestimou e inadmitiu o recurso...