InicioSANTIAGOGonzalo Muíños sinala que o PP de Santiago sondou aos expulsados do...

Gonzalo Muíños sinala que o PP de Santiago sondou aos expulsados do PSOE para unha moción de censura

O portavoz do PP local, Borja Verea, asegura que el non solicitou ningún apoio e que se o fixo alguén da súa contorna "non tiña autorización"

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro expulsado do PSOE e aínda portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Muíños e o líder do PP local, Borja Verea, protagonizaron este venres un enfrontamento durante o pleno municipal no que Muíños deslizou que os populares contactaran con edís do seu grupo para sondar a posibilidade dunha moción de censura contra o goberno do BNG e Compostela Aberta.

Ante estas palabras Borja Verea sostivo que el “non quere o voto de catro persoas que teñen a fiabilidade deteriorada”, senón que aspira á “maioría absoluta” nas municipais de 2027. Ademais, subliñou que se algunha persoa da súa contorna pediu o apoio dos concelleiros para a moción de censura “non tiña autorización”.

O enfrontamento tivo lugar durante o debate dun recoñecemento extraxudicial de crédito para facer fronte a gastos de combustible e peaxes que saíu adiante co voto a favor do Grupo Socialista. Un punto no que Gonzalo Muíños no que asegurou que “pouco debate político” se podía ter “ao redor dun pago que hai que realizar dunhas facturas que se deben”.

Está afirmación foi aproveitada por Borja Verea para acusar a Muíños de antepor “a súa submisión extrema ao goberno do BNG” aos intereses dos veciños.

Ante iso, Muíños reprochoulle a Verea a súa “nova estratéxica” de ir en contra dos catro concelleiros expulsados do PSOE. “Entendo que debe de ser como medida preventiva, polo que poida pasar”, dixo o aínda portavoz do Grupo Municipal Socialista, que sostivo que o punto versa sobre “un recoñecemento de crédito” e non “sobre Gonzalo Muíños”.

“Igual o seu problema é que pensaba que o ía a facer alcalde. E repítollo por se non o entendeu aínda. Creo nunha política da coherencia e da palabra. Eu nunca vou facer alcalde a un candidato do Partido Popular porque son un socialista, aínda que mo queiran negar”, subliñou. “Ladran Sancho, sinal que cabalgamos”, engadiu.

VEREA ASEGURA QUE NON QUERE O VOTO DOS SOCIALISTAS

“Quero que lle diga á cidade se algunha vez lle pedín o seu voto para ser alcalde”, respondeulle Verea, que sostivo que el non quere “ningún voto de catro persoas que teñen a fiabilidade deteriorada”. “Non quero o seu voto, eu quero unha maioría absoluta e estou a traballar para iso en 2027 e díxeno desde o minuto uno”, afirmou para pedir ao Muíños que “deixase de mentir”.

Con todo, o aínda portavoz socialista emprazouno a aclarar se está en condicións de afirmar que ningún membro do seu equipo e do seu partido sondou a algún membro do Grupo Socialista “para ver se apoiarían unha moción de censura”. Ademais, leu unha noticia na que se podía ler que “Borja Verea ofrecer ao PSOE un acordo para establecer un goberno alternativo ao de Goretti Sanmartín”.

Ante iso, Verea replicou: “Eu, Borja Verea, non solicitei nin a Gonzalo Muíños nin a ningún membro do Grupo Socialista e se o fixo alguén que eu coñeza ou estea preto do meu equipo, non tiña ningún tipo de autorización“. “É unha auténtica vergoña o que acaba de facer nesta intervención”, manifestou.

CRÍTICAS AO GOBERNO E INTERVENCIÓN DA ALCALDESA

No debate, ademais, Verea referiuse ao goberno formado por BNG e CA como “o equipo peor xestor da historia de Santiago”. “Non pagan a gasolina á Policía Local, non pagan os comedores escolares…”, sostivo o popular.

As palabras tiveron resposta por parte da rexedora, Goretti Sanmartín, que subliñou que toda a cidade “ten claro” cal foi o “peor goberno da historia de Santiago”, en referencia ao de Conde Roa. “Foi o goberno de 2011 a 2015, no que a imaxe de Santiago quedou polo chan, cunha xestión nefasta e na que houbo ata tres alcaldes”, sinalou.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O PP pregunta polo futuro da naturalización da Lagoa do Auditorio tras a perda dos fondos europeos

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, pediu explicacións ao goberno local...

Sanmartín reivindica as novas conexións de Lavacolla e chama a abordar a seguridade “dende o rigor”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, puxo este venres o foco no incremento de...

O PP reclama executar o contrato de sinalización intelixente do patrimonio e Sanmartín asegura que xa está en marcha

O Partido Popular de Santiago reclamou ao goberno municipal de BNG e Compostela Aberta...