InicioECONOMÍAA CIG solicitou a Televés que retire o ERE que afecta ao...

A CIG solicitou a Televés que retire o ERE que afecta ao 10% do persoal ou iniciará mobilizacións

Nunha asemblea mantida o 26 de marzo, a Representación Legal dos Traballadores (RLT) trasladou a "necesidade" de facer á empresa retirar o "inxusto" ERE, o que tivo o respaldo do 98% dos empregados presentes na mesma.

Publicado o

Xornal de Compostela

O sindicato CIG solicitou a Televés SAU que retiren o ERE que afectará ao 10% do persoal dos seus centros en Santiago de Compostela e Oroso –anunciado hai xa 20 días– e advertiu de que, en caso de non facelo, iniciarán mobilizaciones.

A organización sindical manifestou a través dunha nota de prensa que a decisión de despedimento “non está xustificada” e tacharon o xesto como “irresponsable, innecesario e profundamente inxusto”.

Desde o inicio do proceso, segundo indica, a CIG puxo “en cuestión” as causas atribuídas pola empresa, entre as que está “a caída” –en palabras de Televés– do mercado das divisións de Distribución de TV e Iluminación LED. Transcorridos 20 días desde o anuncio, o sindicato afianzou a idea de que “non concorren as causas para facer efectivo este ERE”.

Ademais, considera que a aplicación do ERE nos termos que a empresa pretende aplicar “nin tan sequera busca pór solución aos problemas que aducen”, senón “desfacerse” de 37 traballadores.

Nunha asemblea mantida o 26 de marzo, a Representación Legal dos Traballadores (RLT) trasladou a “necesidade” de facer á empresa retirar o “inxusto” ERE, o que tivo o respaldo do 98% dos empregados presentes na mesma.

Así mesmo, a CIG expresou que a comunicación ao persoal e a difusión paralela dunha nota de prensa anunciando a decisión acompañada de datos económicos sobre os seus beneficios é “impropia de quen pretende dirixir unha empresa de modo responsable”, así como “un insulto” aos traballadores da corporación.

DECISIÓN DE TELEVÉS

Nun comunicado difundido o 6 de marzo, a compañía xustificou a medida para “axustar a capacidade produtiva tanto da división de Distribución TV, que se atopa nunha recesión estrutural debido aos cambios nos hábitos de consumo da televisión, como da división de Iluminación LED, pola caída da facturación e a falta de competitividade desta unidade de negocio”.

Na mesma nota lembraban que Televés pechou 2024 cunha facturación de 89,4 millóns de euros, o que supuxo unha caída do 2,7% respecto de 2023 (91,9 millóns). A corporación sostén que os gastos de persoal rexistraron un crecemento acumulado do 22% fronte a 2019, o último ano antes da pandemia.

Por iso, o expediente de regulación presentouse por causas de carácter produtivo, organizativo e económico “ao rexistrar unha caída persistente das vendas durante o último ano”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...