InicioPOLÍTICAA Xunta reclama ao Concello dúas parcelas para vivenda protexida e este...

A Xunta reclama ao Concello dúas parcelas para vivenda protexida e este pídelle “respecto institucional”

Na misiva, asinada pola conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, lémbrase ao Concello de Santiago que desde maio de 2024, o Instituto Galego da Vivenda e do Solo (IGVS) e Raxoi levan traballando na cesión destas parcelas, situadas na Avenida de Syra Alonso

Publicado o

Xornal de Compostela

A Consellería de Vivenda volveu a reclamar, nunha carta dirixida á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, dúas parcelas de titularidade municipal para promover a construción de vivendas protexidas, ante o cal, a concelleira de Educación compostelá, Míriam Louzao, respondeu solicitando “respecto institucional”. Na misiva, asinada pola conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, lémbrase ao Concello de Santiago que desde maio de 2024, o Instituto Galego da Vivenda e do Solo (IGVS) e Raxoi levan traballando na cesión destas parcelas, situadas na Avenida de Syra Alonso.

Segundo trasladou na carta, o órgano galego apela á colaboración entre as administracións competentes e solicita a concreción do traspaso para poder “atender a demanda pública da vivenda na cidade”. Martínez lembra que en concellos como A Coruña, Pontevedra, Lalín, A Estrada ou Teo xa conseguiron adoptar acordos de cesión para conseguir gratuitamente chan público onde o órgano autonómico poida edificar vivendas protexidas.

Con todo, insiste na carta, o 9 de xaneiro deste ano o director xeral do IGVS formalizou unha solicitude de cesión gratuíta das parcelas á sociedade pública, Vivenda Pública de Galicia (VIPUGAL) que reiterou o 7 de febreiro. Dita petición aínda non se formalizou. Preguntada respecto diso, nun acto deste mércores, Louzao pediulle á Xunta “respecto institucional” e diálogo sobre a xestión das parcelas para pisos protexidos que este martes reclamaba o órgano galego.

Desde Raxoi aseguraron que cederán esas parcelas e que “nestes momentos” están os servizos do concello traballando nos trámites que, insisten, necesitan un tempo. Ademais, trasladaron que o Concello recibiu a misiva de Vivenda por correo electrónico este martes ao oito da tarde, polo que, ironizan con que chegou “ao mesmo tempo, ou mesmo antes” que a algún medio de comunicación. Por iso, salientan que cando estes días se fala de respecto institucional tamén se refiren a “cuestións como estas que suceden continuamente”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...