InicioMOV. SOCIAISUCIN reclama melloras urxentes na N-550 entre Padrón e Santiago polo seu...

UCIN reclama melloras urxentes na N-550 entre Padrón e Santiago polo seu deterioro

A formación insiste na falta de actuación institucional e esixe a intervención inmediata polo ben da seguridade viaria e do Camiño de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN) vén de solicitar actuacións inmediatas na estrada nacional N-550, no treito comprendido entre Padrón e Santiago de Compostela, tras manter varios encontros con veciños e constatar o mal estado da vía, especialmente na zona da Esclavitude. A formación cualifica a situación de “abandono evidente” e insta ás diferentes administracións públicas —estatal, autonómica e local— a actuar sen escusarse na titularidade da vía.

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, sinalou que “é o momento de xestionar e esquecerse de competencias”, facendo referencia ás explicacións recibidas de distintas administracións que, segundo afirma, evitan asumir responsabilidades por tratarse dunha estrada de competencia estatal.

CARENCIAS ESTRUTURAIS E RISCO PARA VIANDANTES

Entre as principais deficiencias denunciadas polos residentes, figuran a ausencia de beirarrúas, a existencia de baches e fochancas, un alumeado escaso, vertedoiros ilegais de entullo e unha vexetación que invade o bordo da estrada, incluíndo silvas que medran sen control.

Ademais, a veciñanza da zona reclama a instalación de máis papeleiras, tendo en conta que o treito forma parte do Camiño de Santiago, o que incrementa notablemente o tránsito de peóns e peregrinos.

Para Calo, a situación non só afecta á comodidade da circulación, senón tamén á seguridade das persoas que transitan a diario por este tramo. “Un non sabe a que velocidade circular: primeiro 90, logo 50, despois 70 e outra vez 50. Se a isto lle sumamos a falta de mantemento e de beirarrúas, remata sendo un perigo tanto para condutores como para cidadáns”, advertiu.

Estado da estrada – UCIN
CHAMAMENTO Á COLABORACIÓN INSTITUCIONAL

Desde UCIN solicítase que se inicie un plan de limpeza e mantemento da N-550, como primeiro paso para garantir unhas condicións mínimas de seguridade e dignidade para os residentes e usuarios da vía. Tamén se pide que as administracións “escoiten á veciñanza, que paga os seus impostos coma calquera outro cidadán, pero que non recibe os mesmos servizos”.

A formación considera que a N-550, ao ser unha vía con alta densidade de tráfico e valor estratéxico no territorio galego, debe contar cun plan específico de intervención e seguimento, máis aínda se se ten en conta que forma parte do itinerario oficial do Camiño de Santiago, o cal reforza a súa importancia tanto desde o punto de vista turístico como de mobilidade.

UCIN pechou a súa intervención cun chamamento ao diálogo e á coordinación entre administracións, ao tempo que reiterou a súa disposición para seguir canalizando as demandas veciñais ata que se produzan cambios reais na xestión desta infraestrutura.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here