InicioSOCIEDADESantiago estrea o tramo da nova senda peonil e ciclista

Santiago estrea o tramo da nova senda peonil e ciclista

A conselleira de Infraestruturas cualifica esta vía como un proxecto a "a altura" de cidades europeas como "Ámsterdam ou Róterdan"

Publicado o

Xornal de Compostela

O novo carril bici de Santiago que conecta a Estación Intermodal con San Caetano permitirá tanto ás persoas que se despracen en bicicleta como ás persoas con mobilidade reducida ir desde un punto a outro en 12 minutos aproximadamente.

Esta nova senda peonil e ciclista de 3,3 quilómetros, enmarcada nun proxecto máis amplo de 11 quilómetros que conectará Santiago con Milladoiro, foi inaugurada este sábado nun acto polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue.

Respecto desta nova vía, a conselleira destacou que “coloca a Santiago á altura” doutras cidades europeas a “nivel de mobilidade sustentable” como “Ámsterdam ou Róterdam”. Do mesmo xeito, resaltou que esta iniciativa converte á capital galega nunha cidade “máis humana” á vez que “incita e convida á socialización”.

SANTIAGO – MILLADOIRO

O proxecto de mobilidade ao que pertence a vía inaugurada este sábado plantexa unir Milladoiro coa Estación Intermodal, San Caetano e o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus) para este ano.

Así, a conselleira destacou que este proxecto permitirá á cidadanía “ir ao traballo en Santiago andando desde Milladoiro”, mediante unha vía que cumpre con “todos” os parámetros de deseño, continuidade e seguridade”, ademais de “limitación dependente, un ancho suficiente e un pavimento transitable”.

Ademais, subliñou que, grazas ao “plan de sendas que está a desenvolver o Goberno autonómico”, Galicia foi recoñecida pola Unión Europea con “o premio á excelencia á seguridade viaria”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

O maquinista do Alvia evita polo de agora o cárcere á espera da decisión sobre o indulto

A xuíza María Elena Fernández Currás accedeu a suspender o cumprimento da pena de...

A muller que apuñalou a un home en Ames en febreiro acepta tratar o seu consumo de drogas a cambio de non ir a...

A muller acusada de tentativa de homicidio por apuñalar un home en Bertamiráns, en...

A criminalidade baixa un 2,3% en Santiago, con descensos nos delitos convencionais e na ciberdelincuencia

A criminalidade baixou un 2,3% en Santiago durante o primeiro semestre de 2026 respecto...