InicioSOCIEDADEO acusado de queimar varios coches nunha empresa de aluguer de Santiago...

O acusado de queimar varios coches nunha empresa de aluguer de Santiago enfróntase a 6 anos de prisión

Ademais, Fiscalía solicita 37.000 euros en concepto de indemnizacións polos turismos calcinados e por agresións a varios empregados.

Publicado o

Xornal de Compostela

O home acusado de queimar varios vehículos nunha tenda de aluguer de coches na rúa Noval, en Santiago de Compostela, no mes de abril de 2024 enfróntase o vindeiro xoves, 3 de abril, a seis anos de prisión e ao pago de indemnizacións que superan os 37.000 euros. Así se recolle no escrito de Fiscalía, no que tamén considera que o acusado deberá facer fronte a indemnizacións que ascenden a 37.000 euros polos turismos calcinados e polas lesións que sufriron os empregados do establecemento.

Tal e como explica o Ministerio Público, o acusado contratara o aluguer dun vehículo que debía devolver o 10 de abril. Con todo, non devolveu o coche e ao día seguinte descubriu unha recarga de 400 euros na súa conta bancaria. Debido a isto, sobre as 20.30 horas dirixiuse ás instalacións da empresa na que alugara o coche, na rúa Noval número 37 da capital galega. En canto entrou no local, golpeou na cara a un dos empregados, que o instou a tranquilizarse e díxolle que en caso contrario chamaría á Policía, ante o que o acusado respondeu: “Teño un coitelo, quen chame á policía mátoo”.

A continuación, o procesado agrediu aos outros traballadores propinándolles puñadas na cabeza e na cara e mesmo chegou a tombar a un deles no chan. Tras isto, tal e como expón Fiscalía, desprazouse a unha gasolineira próxima, onde pediu un bidón de gasolina de cinco litros, que non pagou, e dirixiuse de novo á tenda. Unha vez que se baixou da furgoneta, tras divisar a un dos traballadores, golpeoulle de maneira reiterada co bidón cheo de gasolina, dándolle nas costas e na cabeza. Posteriormente, procedeu a verter a gasolina por enriba do vehículo que alugara e prendeulle lume, que se foi expandindo por todo o coche e alcanzou a outros turismos estacionados ao redor, así como a un toldo. Ata o lugar tiveron que desprazarse efectivos da Policía e dos Bombeiros, que evacuaron a dúas persoas, unha delas menor, que vivía no piso inmediatamente superior.

PETICIÓN FISCALÍA

Por estes feitos, Fiscalía solicita para o acusado seis anos de cárcere polo delito de incendio e diferentes contías polos delitos de lesións, ameazas e estafa. Ademais, en concepto de responsabilidade civil, pide o abono de 517 euros a cada unha das persoas agredidas, 685 polos obxectos que había nun dos vehículos afectados, 1.400 polos gastos médicos, 25.000 euros polo turismo calcinado, case 4.000 euros polos danos a outros vehículos e 3.600 polos danos no toldo e no pavimento.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...